AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

“É urxente rematar ca ‘cultura da violación’ e garantir a perspectiva de xénero nos profesionais da xustiza”

3 Maio, 2018
  • Senra denunciou no pleno do PE o nesgo machista da sentenza referida á violación en grupo cometida por cinco homes en “sanfermines” 2016
  • Reiterou á Comisión Europea a demanda de pór en marcha unha Directiva Comunitaria para facer fronte á violencia machista

Bruxelas, 03 de Maio de 2018. Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), aproveitou unha das súas quendas de intervención durante a sesión plenaria do Parlamento Europeo para chamar a atención sobre a grande indignación social que espertou a sentenza que reduce a abuso o brutal ataque sexual realizado durante as Festas de San Fermín (2016) por cinco homes que se autodenominan “manada”. “Non foi abuso. Foi violación”, reiterou na Eurocámara. Cualificou a sentenza de “machista” e alertou do “duro golpe” que asesta ás mulleres, “ao noso dereito a sentirnos libres, ao noso dereito a non ser violadas nin atacadas sexualmente”.

“É urxente rematar ca ‘cultura da violación’ e garantir a perspectiva de xénero en tódalas persoas que teñen que aplicar as leis”. Senra, responsábel a nivel de todo o Parlamento Europeo da transversalización da perspectiva de xénero  na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural apelou a “non permitir que haxa profesionais na xustiza sen formación en perspectiva de xénero para abordar as cuestións que están directamente relacionadas cas mulleres”.

Por último, como xa ten reiterado ao longo desta lexislatura, a eurodeputada galega exhortou unha vez máis á Comisión Europea a pór en marcha unha Directiva  para loitar contra a violencia machista e adoptar esta liña de traballo como unha prioridade das institucións comunitarias.

Lídia Senra ten abordado en varias ocasións a necesidade estratéxica de garantir que as persoas responsábeis da elaboración e desenvolvemento das distintas políticas e leis conten con unha formación sólida en perspectiva de xénero. Xa no ano 2015 desenvolveu no Parlamento Europeo a xornada “O sesgo machista na aplicación das políticas: O caso da xustiza”, onde seis poñentes especializadas subliñaron as claves para detectar e afrontar a violencia machista presente nos procesos xudiciais.

Actualmente atópase inmersa tamén na rolda de presentacións na Galiza da publicación “O feminismo, imprescindíbel para construír outra Europa”, no que se recollen tanto intervencións realizadas durante a xornada celebrada en Bruxelas, como na xornada internacional sobre feminismo realizado no ano 2016 en Ourense baixo o mesmo título da publicación editada este ano.

A próxima presentación terá lugar este sábado 5 na Sala Abanca de A Estrada, onde Lídia Senra estará acompañada por Eva Bastión, integrante do Grupo de Traballo en Igualdade Fiadeiras, do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais; e Mar Blanco Casais, edil de Móvete. A seguinte cita será o venres 11 de maio na no Ateneo Ferrolán, contando ca participación de Estrela Gómez, coordinadora de Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME).

((Imaxe de portada: Marcha Mundial das Mulleres Galiza))

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies