AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

“É necesario que o Goberno español sente a negociar con Catalunya. Este xuízo nunca tiña que terse producido”

28 Febreiro, 2019
  • Senra participa nunha delegación de eurodeputadas/os da Plataforma de Diálogo UE-Catalunya do PE que asistiron hoxe ao xuízo no TS
  • Mantivo xuntanzas con familiares e avogados dxs presxs políticxs cataláns e ONGs que participan como observadoras internacionais

 

Madrid, 28 de Febreiro de 2019. A eurodeputada do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUEs/NGL) Lídia Senra desprazouse onte a Madrid para participar hoxe no seguimento do xuízo contra 12 cargos políticos cataláns que está a ter lugar na Tribunal Supremo (TS) dende o pasado 12 de febreiro.

Esta visita enmárcase na participación dunha delegación de europarlamentarias/os da Plataforma de Diálogo UE-Catalunya do Parlamento Europeo. Senra, integrante desta iniciativa dende a súa fundación, está acompañada nesta delegación, entre outras persoas,  polo eurodeputado francés José Bové (Partido Verde Europeo), a tamén francesa Marie-Pierre Vieu (Front de Gauche; GUE/NGL), o  flamenco Mark Demesmaeker (Nova Alianza Flamenca; Grupo Europeo dos Conservadores e Reformistas, ECR) o estonio Indrek Tarand (Partido Verde Europeo), os cataláns de ERC, peretencentes ao partido europeo dos Verdes/Alianza Libre Europea Jordi Solé e Josep-Maria Terricabras; o tamén catalán Ramon Tremosa (PDeCAT; Alianza de Liberais e  Demócratas por Europa, ALDE) e deputados dos parlamentos danés e flamenco.

 A axenda de traballo deu comezo onte pola noite cun encontro con familiares e avogados dxs presxs catalás, e continuou a primeira hora da mañá de hoxe con  un almorzo de traballo conxunto con deputadas/os de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) e do Partit Demòcrata Europeu Català (PDeCAT).

270219_DelegaciónPlatCatUE_270219
Delegación de eurodeputadas/os da Plataforma de Diálogo UE-Catalunya xunto con familares e avogados dxs presxs políticxs cataláns

Ás 10.00h. de hoxe Lídia Senra e o resto de eurodeputados integrantes da Plataforma de Diálogo UE-Catalunya presentes en Madrid accederon á sala do Tribunal Supremo onde está a ter lugar a vista xudicial, asistindo ás declaracións de Íñigo Urkullu, Gabriel Rufián e Albano Dante-Fachín.

“Este xuízo nunca tiña que terse producido, os presos políticos teñen que ser liberados. Aquí estase xulgando a vontade dun pobo que loita pola autodeterminación. E é un ataque á democracia. É necesario que o Goberno español dialogue e sente a negociar con Catalunya”, sinalou a eurodeputada galega.

A axenda de traballo completarase esta tarde con unha reunión na que participarán distintas organizacións non gobernamentais que están presentes como observadoras internacionais.

Dende Madrid Lídia Senra insistiu tamén en reivindicar que a aspiración dos pobos á súa autodeterminación “non só é totalmente lexítima, senón que é recoñecida como un dereito humano fundamental no dereito internacional e específicamente protexido en documentos como a Carta fundacional das Nacións Unidas, baseada no respecto aos principios de igualdade de dereitos e de libre determinación dos pobos.”

DelegaciónPlatUE-Cat280219_280219
Delegación de parlamentarios/as á saída do Tribunal Supremo
anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies