AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Denunciamos ante a Comisión Europea a xustificación da CNMC no abuso de poder no sector leiteiro

24 Setembro, 2015 agricultura, crise agrícola europea, economía rural, leite, liberalización, liberalización comercial, liberalización sector lácteo, libre mercado, Lidia Senra, políticas públicas, soberanía alimentaria
  • AGEe rexistrou hoxe unha pregunta dirixida á Comisión Europea en relación ás declaracións do presidente da CNMC
  • Salienta que defender unha “venta a perdas” por parte dos produtores/as é contraria aos propios obxectivos de estabilidade da UE

 

Bruxelas, 24 Setembro 2015. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, rexistrou na mañá de hoxe unha pregunta parlamentaria[1] dirixida á Comisión Europea denunciando as declaracións realizadas esta semana polo Presidente da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) -organismo dependente do Ministerio de Facenda- nas que afirma considerar “pouco razoabel” prohibir ou criticar de forma xeneralizada a venda a perdas, plantexando incluso como positivo a insostenibilidade económica das explotacións gandeiras porque, dende o seu punto de vista, pode conlevar “vantaxes” para os consumidores/as[2].

Dende Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) denunciamos diante da Comisión Europea esta prepotente visibilización da asimetría de forzas na cadea de produción e distribución do sector leiteiro. Un abuso de poder que para Lídia Senra “é evidente”, xa que a propia Comisión Europea e o Parlamento Europeo declaran traballar para “facer fronte ás prácticas comerciáis desleais na cadea de suministro alimentario entre empresas”.

Aliás, argumenta a eurodeputada galega na súa pregunta, tendo en conta que os orzamentos comunitarios para o ano 2016 contemplan fondos para apoiar novas organizacións de produtores/as para, segundo di a propia UE, abordar a disparidade do poder negociaciador entre a parte agricultora e as outras partes da cadea, “acaso non é unha vulneración permitir que o elo máis forte da cadea impoña a venda a perdas aos/ás productores/as de alimentos?”

 Lidia Senra tamén interpelou directamente á Comisión para que aclare se promover a “venda a perdas”, como fixo esta semana o presidente da CNMC, constitúe unha práctica desleal fronte a aquelas empresas que actúan correctamente.

Por último, AGEe esixiu tamen saber que medidas vai tomar a Comisión con respecto a posicións que amparan o abuso de poder, como a mantida pola CNMC esta semana ao respeito da crise de prezos no sector leiteiro.

[1]Adxuntamos pregunta parlamentaria

[2] Declaracións realizadas no marco dun informe sobre o Código de boas prácticas da cadea alimentaria elaborado polo Goberno español.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies