AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Demandamos unha política agraria pública europea que priorice os mercados internos

31 Agosto, 2016 AGEe, CE, crise agraria, GUE/NGL, Lidia Senra, Política de Competencia, prezos, UE
  • Lídia Senra lamenta que a UE non estea disposta a traballar para evitar a volatilidade dos prezos e garantir rendas dignas a labregas e labregos 
  • A eurodeputada de AGEe pide retirar da Política de Competencia toda norma que supoña dificultar ou impedir a negociación colectiva 

Santiago, 31 agosto 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), reclamou este martes, na reunión da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo, “unha política agraria publica europea que priorice o mercado interno e que regule as producións e os mercados para poñer fin á vulnerabilidade á que están sometidas as labregas e labregos, tanto da Unión Europea (UE) como do resto do mundo”. Lídia Senra interviu o martes pola tarde en Bruxelas no debate na Comisión sobre “Instrumentos da PAC (Política Agraria Común) destinados a reducir a volatilidade dos prezos nos mercados agrícolas”, defendendo que “para nós, reducir a volatilidade dos prezos é unha cuestión de vontade política” e acusando tanto á Comisión Europea como ao Consello Europeo e á maioría do Parlamento Europeo de estar “empeñadas” en “deixar todo en mans dos mercados e en priorizar a exportación baixo a consigna de que Europa  ten que alimentar ao mundo”.

A membro de AGEe tachou de “cansino e desolador” o feito de que na Comisión de Agricultura se estea falando “permanentemente” de instrumentos para xestionar a crise e reducir a volatilidade de prezos, “sen resultado ningún”. “Levamos todo o que vai de lexislatura –dous anos- falando disto e a crise continúa, o que constata que os instrumentos que a Comisión vai poñendo en marcha e que a maioría conservadora e socialista deste Parlamento avalan, fracasan un tras outro”, denunciou, para lamentar que “esta maioría non estea disposta a traballar en propostas que cambien radicalmente o contexto: é dicir, políticas para evitar precisamente a volatilidade nos prezos e a crise”.

Neste sentido, AGEe presentou varias emendas ao informe que se debatía, todas elas propostas para facer ese “cambio radical que precisamos para manter a produción agrícola nas mans das labregas e dos labregos e continuar xerando emprego directo e indirecto na agricultura e garantir prezos que cubran os costes de produción e remuneren o traballo”.

Posteriormente a este debate, Lídia Senra tamén interviu de forma contundente este martes pola tarde na mesma Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural no punto no que se abordaba o “Informe Anual sobre a Política de Competencia da UE”. “As normas de competencia da UE son un instrumento para favorecer a gran distribución”, alertou, explicando que “impiden que mediante a negociación colectiva haxa acordos para un prezo mínimo que garanta unha renda digna para os labregos e as labregas” e deste xeito, denunciou, “a gran distribución e as empresas logran competir nos mercados á costa de manter prezos miserentos, arruinando ás labregas e labregos de todo o mundo”.

Senra aproveitou a súa quenda de palabra para poñer énfase na precarización das labregas e dos labregos e tamén dos e das asalariadas agrícolas. “Cada pouco vemos informes das condicións de explotación que viven, traballando arreo, poñendo en risco a súa saúde, infravivindo”, exclamou a eurodeputada galega.

Por estes motivos, a membro de AGEe pediulle á Comisión este martes que retirara da Política de Competencia “toda norma que supoña dificultar ou impedir a negociación colectiva”, e reclamou que “se lle devolva ás organizacións agrarias o seu papel para negociar prezos” e se “deixen de promover novas organizacións de produtores á medida”. Tamén esixiu que se retire de forma definitiva a prohibición de establecer prezos mínimos.

anterior seguinte

Artigos relacionados

web_PACgz

Renunciar a unha PAC adaptada á realidade galega é renunciar ás nosas competencias como País

16 Outubro, 2018
Portadanovaweb_190918

Benvidas/os á nova páxina web da eurodeputada Lídia Senra. Novo enderezo: www.lidiasenra.gal

19 Setembro, 2018
Senra_ComAGRI_290818-520x245

Senra critica a falta de determinación da UE á hora de facer cumprir as directivas medioambientais

29 Agosto, 2018

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies