DECLARACIÓN CONXUNTA
Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Euskal Herria Bildu/Os Pobos Deciden, Esquerra Republicana de Catalunya e Nova Esquerra Catalana
Diante da intervención de Felipe de Borbón no pleno do Parlamento Europeo
Con motivo do discurso que, a invitación do presidente Martin Schulz, pronunciará hoxe mércores no Pleno do Parlamento Europeo Felipe de Borbón, os/as abaixo asinantes queremos manifestar o seguinte:
• Rexeitamos a presenza diante da Cámara Europea dun xefe de Estado que non foi democraticamente elexido e que representa e simboliza, entre outras cuestións, un modelo con graves carencias democráticas que non resolve axeitadamente as expectativas dos pobos e da cidadanía.
• As Nacións que conforman a realidade plurinacional do Estado Español teñen dereito a determinar o seu futuro, sen límites nin ameazas externas, se así o decide de forma libre, pacífica e democrática a súa cidadanía.
• Nun contexto europeo marcado polo recente referendo escocés e as eleccións do 27 de setembro en Catalunya, instamos ás institucións internacionais e europeas en xeral, e a o Estado español en particular, a respectar as decisións que a futuro emprendan e adopten os/as lexítimos representantes de estas e outras nacións, como a vasca ou a galega.
• Recoñecemento dos dereitos dos Pobos e Nacións e o respecto á vontade democrática deben ser as bases dun marco de relacións más xustas e solidarias en Europa, que deixe atrás modelos de imposición e furto á soberanía.
• Xustiza e solidariedade son precisamente dous termos cada vez máis estraños nunha Unión Europea, onde o Estado español logo de trinta anos de adhesión, pouco ou nada ten que celebrar, sumido como está nunha deriva de recortes e austeridade que provocaron unha fractura social sen precedentes, cun déficit democrático evidente, sectores produtivos en crise, deslocalización da produción, peche de empresas, privatización de servizos, perda de postos de traballo e retroceso nos dereitos humanos como a vivenda, a saúde ou a educación e tamén nos dereitos das mulleres e, por último, unha resposta aos/ás migrantes e refuxiadas/os que buscan una vida mellor no noso continente en termos de seguridade e non de acollida, e respecto aos dereitos humanos.
Estrasburgo, 07 de Outubro de 2015
ASINANTES:
Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe)
Josu Juaristi, eurodeputado de Euskal Herria Bildu (EHBildu)
Josep-Maria Terricabras, eurodeputado de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC)
Ernest Maragall, eurodeputado de Nova Esquerra Catalana (NECat)