Intervención da eurodeputada de AGEe en sesión plenaria (Bruxelas, 16 de setembro 2015) no marco do debate sobre a actual crise agrícola europea. Lídia Senra apelou á Comisión, ao Consello e aos partidos maioritarios na Eurocámara a “abordar esta crise con políticas públicas, reorientar o mercado interno, instrumentos que garantan prezos que permitan vivir da produción agrícola e medios de produción realmente sustentábeis”.