AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Contra a vía da militarización e o aumento das medidas represivas na UE

22 Novembro, 2016 AGEe, defensa, Europa, GUE/NGL, Lidia Senra, militarización, Parlamento Europeo, pleno, seguridade, UE

Lídia Senra tomou a palabra este luns pola noite no pleno do Parlamento Europeo, en Estrasburgo, para intervir no debate sobre a Unión Europea da Defensa.

A eurodeputada galega defendeu que “non é pola vía da militarización e o aumento das medidas represivas como haberá máis seguridade na Europa“. “Deixen de mentir”, reclamou.

“Co aumento do despregamento militar, preténdese reforzar un aparato represivo e militar para defender os intereses das grandes corporacións transnacionais, das empresas de seguridade e de armamento e as políticas neoliberais para concentrar aínda máis a riqueza nos xa mais ricos e seguir despoxando ás clases populares dos seus dereitos e do dereito a unha vida digna e tamén aos pobos dos seus recursos naturais, dos bens comúns e do seu dereito ao desenvolvemento.

Contra o despregamento militar e as políticas represivas, contra a Unión Europea da Defensa, queremos máis educación pública, máis saúde pública para todas e para todos e en todo o mundo. Queremos que lle devolvan aos pobos o dereito a decidir, a traballar, a desenvolverse con base nos seus recursos e en harmonia coa conservación do medio“, dixo.

“Os nosos inimigos non chegan ao Mediterráneo, os nosos inimigos chegan na forma de políticas neoliberais que atentan contra a dignidade humana e a vida no planeta“, concluía a intervención escrita completa.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies