AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Contaminación de ovos con Fipronil, unha mostra máis dos riscos da industrialización alimentar

31 Agosto, 2017 alimentación, fipronil, GUE/NGL, Lidia Senra, ovos, pesticidas, seguridade alimentaria
  • Senra acusou á UE de estar apoiando os intereses do negocio agroquímico e farmacéutico na industrialización da alimentación
  • Demandou a aposta polo modelo agroecolóxico de producción de alimentos e a distribución en circuítos curtos e de proximidade

ovos

Bruxelas, 31 de agosto de 2017. Na mañá de hoxe a Dirección Xeral de Saúde e Seguridade Alimentaria da Comisión Europea acudiu á Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo para proporcionar información sobor do penúltimo escándalo do modelo agroindustrial de producción de alimentos: o uso do pesticida prohibido Fipronil en explotacións de galiñas poñedoras de varios Estados membros, que vén de supor a retirada de ovos e produtos transformados na maioría de países da UE, así como en países extracomunitarios como Brasil ou China.

Lídia Senra, representante na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural para Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), criticou duramente a actuación das institucións europeas. “Ata cando van seguir apoiando a devastadora industrialización da agricultura e a globalización dos mercados que, dende logo, son un axente de expansión deste tipo de crises alimentarias? Onde está o principio de precaución da UE cando se autorizan estes produtos?”, cuestionou. A eurodeputada galega lembrou que existe xa unha moi longa lista de escándalos vinculados á produción industrial de alimentos nos últimos anos, citando casos como o das vacas tolas, a dioxina nas fariñas das aves, a contaminación por E. Coli, a carne de cabalo detectada en lugar de tenreira, ou problemas anteriormente identificados nos ovos, como a salmonela.

“Este é un máis dos escándalos alimentarios provocados polos intereses do negocio agroquímico e farmacéutico”, recriminou, “Semella que nada teñen aprendido as institucións europeas doutros escándalos anteriores. Ata cando van pechar os ollos ás consecuencias deste modelo de industrialización intensiva cada vez máis grande da agricultura?”

Lídia Senra instou á Comisión e ao Parlamento Europeo a asumir que a solución a este tipo de crises pasa por mudar o actual modelo de produción de alimentos: “Cando se van a dar conta de que o máis seguro, saudábel e rendíbel social e economicamente é a agroecoloxía e o mercado de proximidade? Non se resolven as crises vindo á Comisión de Agricultura, nin saíndo nos medios de comunicación con medidas para tranquilizar á poboación e minimizar as perdas do agronegocio. Cómpren solucións que aborden o problema de fondo, urxe a posta en marcha de medidas para mudar o actual modelo,  e penso que dende a sociedade cada vez estase a demandar máis este cambio”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

web_PACgz

Renunciar a unha PAC adaptada á realidade galega é renunciar ás nosas competencias como País

16 Outubro, 2018
Portadanovaweb_190918

Benvidas/os á nova páxina web da eurodeputada Lídia Senra. Novo enderezo: www.lidiasenra.gal

19 Setembro, 2018
Senra_ComAGRI_290818-520x245

Senra critica a falta de determinación da UE á hora de facer cumprir as directivas medioambientais

29 Agosto, 2018

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies