AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Consultamos á Comisión Europea se está disposta a valorar o reparto de cota por tripulante

17 Decembro, 2015 acordos comerciais, AGEe, Comisión Europea, cota por tripulante e día, cotas, cotas pesqueiras, Lidia Senra, mariñeiros, pesca

 

  • A eurodeputada de AGEe rexistrou onte outra pregunta parlamentaria dirixida á Comisión para que se pronuncie sobre os criterios de reparto
  • Senra tamén sinala a inxustiza de aplicar preferentemente o criterio de históricos e apunta a posibilidade de crear unha reserva de cota

 Estrasburgo, 17 Decembro 2015. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, vén de rexistrar outra[1] pregunta parlamentaria escrita dirixida á Comisión Europea co fin de obter unha resposta concreta ao respeito da posibilidade de que se estableza un reparto de cota para o sector do cerco baseado no número de tripulantes por barco e día.

O texto fai fincapé na interpretación do Artigo 17 da Política Pesqueira Común (PPC), que obriga xuridicamente aos Estados membros a incluír criterios sociais, económicos e medioambientais, o que permite que a distribución de cota non se realice so en base ao rexistro de históricos, un procedemento que beneficia a quen máis, ou mesmo demasiado, tivera pescado nas campañas do período 2002-2012.

Porén, sinala AGEe na súa pregunta, en clara contradicción cos criterios especificados no Art.17, na Galiza atopamos que a Asociación de Armadores do Cerco de Galiza (ACERGA), que representa ao 80% da frota de pesca sta arte, só dispón do 20% da cota debido à distribución realizada polo Estado espanhol, o que está a deixar a máis de 1.200 famílias nunha situación económica limite.

Aliás, o texto da pregunta salienta a inxustiza do feito de que precisamente o sector do cerco na Galiza tomou a decisión de, en base a criterios de medioambientais e de sustentabilidade, autorregular as súas propias capturas mesmo dende antes o 2002 -concretamente dende o ano 1980-, unha actitude responsábel e acorde cos valores de conservación recollidos na PPC, mais que, en lugar de ser valorada, agora estalles a repercutir negativamente debido a preferencia do criterio de reparto en base a históricos aplicado polo Estado espanhol.

Este criterio de reparto por históricos é ademais especialmente discriminatorio con aquela xente novas que desexe incorporarse á actividade. En relación a esta circunstancia concreta, de grande importancia para o mantemento do futuro do sector, Alternativa Galega de Esquerda en Europa consulta tamén á Comisión na súa pregunta se estaría disposta a crear unha reserva de cota para garantir a viabilidade daquelas persoas que se incorporan à actividade pesqueira.

A eurodeputada de AGEe empregou tamén o pasado luns a quenda de intervención libre dun minuto de duración na sesión plenaria do Parlamento Europeo en Estrasburgo para expor as reivindicacións principais do sector do cerco[2].

Lídia Senra tamén estivo acompañando en Bruxelas a unha delegación de ACERGA o pasado 10 de novembro na súa entrevista con Alain Cadec, presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, a quen trasladaron directamente as súas reivindicacións. AGE ten amosado o seu apoio á acampada reivindicativa que o sector mantén en Santiago de Compostela dende o pasado 22 de outubro e, mais recentemente, Senra, o deputado de AGE Juan Fajardo e as candidatas número 1 e 2 de En Marea pola provincia de Pontevedra, Alexandra Fernández e Ángela Rodríguez, trasladaron o respaldo de Alternativa Galega de Esquerda á proposta de reparto de cotas vinculado ao número de tripulantes[3] defendida polo sector.

 

 

 

[1]AGEe rexistrou o pasado 26 de xaneiro unha pregunta centrada no impacto das cotas pesqueiras na Galiza: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2015-001004+0+DOC+XML+V0//ES&language=es

[2]Acceso directo á intervención : https://www.youtube.com/watch?v=x25sQpBmvsU&feature=youtu.be . Máis información na [NdP151215AGEe]: Lídia Senra expón as reivindicacións do sector do cerco na sesión plenaria do Parlamento Europeo

[3] NdP de ACERGA, 2 de decembro 2016: https://docs.google.com/viewerng/viewer?url=http://www.acerga.com/images/docs/RP_NOTA_PRENSA_RP_Santiago.pdf

 

 

Imaxe: El Correo Gallego.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies