AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Cómpre unha avaliación fonda por Estados para poñer fin ás eivas en igualdade e loita contra o machismo

8 Marzo, 2016 AGEe, austeridade, crise de dereitos, dereitos humanos, emerxencia social, feminismo, Lidia Senra, machismo, políticas públicas, soberanía alimentaria
Cartaz do 8 de marzo da Marcha Mundial das Mulleres (2016)
Cartaz do 8 de marzo da Marcha Mundial das Mulleres (2016)

 

 

  • Senra insta á CE a incentivar unha análise comunitaria que permita mellorar a aplicación de políticas de promoción e defensa das mulleres
  • Paridade nos órganos de decisión, rematar cas políticas de austeridade e desenvolvemento lexislativo, fundamentais para acadar a igualdade

Estrasburgo, 08 Marzo 2016. Como cada 8 de marzo -e cada 25 de novembro-, as institucións públicas aproveitan esta data para despregar todo un alarde discursivo en aras da igualdade de homes e mulleres que, desgraciadamente, para pouco máis serve que para significar un indignante contraste ca leve proactividade que amosan durante todo o ano para avanzar na igualdade que tanto se jactan en defender nestes días sinalados.

O Parlamento Europeo non ía ser menos. Ao fío da conmemoración do Día Internacional das Mulleres onte debateuse -a última hora da noite, iso si, e co hemiciclo case baleiro- un Relatorio sobre a integración da perspetiva de xénero nas actividades do Parlamento Europeo. Esta mañá a Comisión Europea interveu na Eurocámara durante a sesión plenaria en Estrasburgo para dar conta da situación socioeconómica das mulleres en Europa[1] e, a continuación, e malia que a UE ten forzas militares da OTAN no Mediterráneo e vén de asinar un acordo con Turkia para que impida que poboación que fuxe das guerras alcance territorio comunitario, procederon sen complexos ao debate dun informe sobre a situación das mulleres refuxiadas e solicitantes de asilo na UE.

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, foi contundente hoxe dende Estrasburgo: “A grave situación de desigualdade imposta sobre as mulleres non se reverte limitándonos a facer debates o 8 de marzo e o 25 de novembro”, criticou. “Que as políticas de igualdade que se están a desenvolver non son abondo é obvio: seguimos sen ter paridade na inmensa maioría das das institucións, organizacións sociais, partidos políticos, sindicatos, etc.; seguimos percibindo salarios inferiores aos homes, seguen poñéndonos trabas para alcanzar postos de decisión, seguimos constatando as dificultades das labregas para acceder á titulariedade compartida…”.

Mentras nas institucións, organizacións, partidos, sindicatos… non haxa “presenza en pé de igualdade” das mulleres nos órganos de decisión “é moi dificil que se avance”, reiterou a eurodeputada de AGEe, “porque xa estamos vendo que é difícil que os homes responsábeis das organizacións incorporen a perspectiva de defender os dereitos das mulleres nas mesas de negociación”.

En relación á posición plantexada hoxe pola Comisaria de Igualdade de Xénero, Vĕra Jourová, a eurodeputada galega advertiu de que “é fundamental que a Comisión Europea esixa aos Estados membros que fagan unha fonda e exhaustiva avaliación de cales son os motivos políticos polos que, malia ao desenvolvemento de políticas de igualdade e de loita contra a violencia machista, a discriminación das mulleres na UE sexa sendo sangrante e homes machistas segan asasinando mulleres practicamente tódolos días”. Para Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) “é crucial identificar cales son os aspectos que claramente están fallando”, e apuntamos entre as causas que impiden o desenvolvemento pleno das políticas de igualdade e de loita contra violencia cara as mulleres “o propio sesgo machista co que se se están a aplicar moitas destas políticas e a diminución de fondos como consecuencia da austeridade, que non só afectou a políticas de promoción e protección das mulleres, senón tamén a eidos da vida fortemente feminizados, como os traballos de coidados a persoas dependentes”. “Esiximos que poñan fin ás políticas de austeridade en xeral, e en particular aquelas que afectan á loita contra a violencia e a favor da igualdade”, reiteramos.

Ademais, e xa centrándose no eido político, Lídia Senra esixiu “tolerancia cero” ca violencia estrutural: “ningún cargo público ou representante de organizacións, partidos, sindicatos, etc. pode seguir manténdose na súa función se ten feito declaracións que discriminen ou supoñan violencia contra as mulleres”, unha reivindicación que, malia a apelar aos mínimos da convivencia social, lamentabelmente convértese en transgresora ao atoparse ca cobertura machista da que gozan individuos como José Manuel Baltar ou institucións como a Igrexa, que no Estado español tense manifestado a través das indignantes valoracións de Arcebispados como o de Granada e Toledo.

[1]Algúns enlaces a contidos das institución europeas so aceptan como navegador Internet Explorer.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies