AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Coloquio sobre o futuro do xeito e da pesca artesanal galega na UE, este sábado ás 12:00 en Cambados

21 Setembro, 2018 cambados, constantino cordal, GUE/NGL, Lidia Senra, pesca, xeito

Acto Cambados 220918

  • O acto público terá lugar en Exposalnés, coa europarlamentaria Lídia Senra e o concelleiro e terceiro tenente de alcalde Constantino Cordal
  • A eurodeputada informará de como poden afectar as modificacións europeas sobre medidas técnicas e o Regulamento de Control da Pesca 

Santiago, 21 de setembro de 2018. Cambados acollerá este sábado, 22 de setembro, ás 12:00 horas, en Exposalnés, un coloquio sobre ‘O futuro do xeito e da pesca artesanal galega na Unión Europea’, no que intervirán a eurodeputada galega, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra; e o concelleiro e terceiro tenente de alcalde de Cambados, Constantino Cordal.

A eurodeputada Lídia Senra anima a todas as persoas interesadas na situación do sector pesqueiro galego a acudir á cita. Nela, informará das negociacións que se están levando a cabo nas institucións europeas e que poden poñer en perigo a arte pesqueira do xeito, que a Comisión Europea xa intentou prohibir no ano 2014 e que agora, cando se está tratando o novo Regulamento sobre a Conservación dos recursos pesqueiros e a protección dos ecosistemas mariños con medidas técnicas, non está garantido que se vaia manter a dimensión da malla actual. “A día de hoxe, a proposta da Comisión sigue sendo que a dimensión da malla para pescar especies peláxidas pequenas con redes de deriva como é o xeito sexa 50 milímetros e a nosa emenda para modificar isto non foi aprobada, igual que tampouco o foron outras presentadas por outros eurodeputados no mesmo sentido”, asegura.  Senra leva tempo loitando para que se inclúa a especificación do uso de mallas de menos de 40 mm para a pesca da sardiña e chama a todo o sector a informarse e a mobilizarse na Galiza para facer forza e poder blindar esta exixencia, pois, do contrario, o sector podería verse moi afectado.

No coloquio tamén se abordará a modificación do Regulamento de Control da Pesca na UE que agora mesmo está a debate no Parlamento Europeo e que pretende aumentar a fiscalización ao sector e as medidas burocráticas e de control, algo que preocupa e moito, pois podería repercutir no futuro da flota galega en gran medida. Durante o acto tamén se tratará sobre outras Resolucións aprobadas polo Parlamento Europeo como a que inclúe que en augas interiores, a pesca accidental artesanal quede fora de cotas. Así, abordaranse posibles medidas a tomar para que a Comisión e o Consello leven a cabo esta recomendación tan necesaria.

Co acto deste sábado en Cambados, a eurodeputada continúa a serie de coloquios públicos sobre o sector pesqueiro que xa comezou a semana pasada, cando estivo falando sobre o mesmo asunto en Cangas. Despois de estar mañá en Cambados, Lídia Senra tamén ten previsto estar o venres 5 de outubro, ás 20:00 horas, no Cuartel Vello de Rianxo, para abordar as mesmas cuestións.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra e Ekaitz Cancela, nas xornadas hoxe II_2656x1494

Lídia Senra aposta por avanzar no debate social sobre os sistemas económicos alternativos ao capitalismo

6 Abril, 2019
Ekait e Paul

O xornalista Ekaitz Cancela e o científico informático e economista Paul Cockshott, este sábado en Santiago

3 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies