AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Chegan ao Parlamento Europeo os trinta alcaldes e concelleiras/os galegos acompañados por Lídia Senra

7 Febreiro, 2017 cargos electos, cargos municipais, GUE/NGL, Lidia Senra, Parlamento Europeo, REALPE

PREVISIÓN INFORMATIVA: Parlamento Europeo (Bruxelas)

  • Lídia Senra participa, xunto a 30 alcaldes e concelleiras e concelleiros galegos, no

ENCONTRO ANUAL REALPE DE REPRESENTANTES LOCAIS ELECTOS DA ESQUERDA EUROPEA

Foto de chegada ao Parlamento Europeo de alcaldes e concelleiros galegos con Lidia Senra_2656x1494

A deputada galega Lídia Senra participará este mércores en Bruxelas, a partir das 15:00 horas, no Parlamento Europeo, no encontro anual REALPE de representantes locais electos, que organiza o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) baixo o título de “Emprego, dereitos sociais e solidariedade desde os municipios”. Senra asistirá á xornada de debate acompañada por trinta persoas que na actualidade exercen de alcaldes ou concelleiras e concelleiros nos municipios galegos.

Na xornada, que se prolongará durante toda a tarde do mércores e a mañá do xoves, intercambiaranse experiencias entre cargos municipais de diferentes lugares da Unión Europea sobre políticas para o fomento do emprego, da defensa dos dereitos sociais e da acollida de persoas refuxiadas.

De Galiza, na iniciativa internacional participarán os alcaldes de  Salceda de Caselas e A Pobra do Caramiñal, Marcos Besada e Xosé Lois Piñeiro, respectivamente; así como os tenentes de alcalde de Cambados e Ferrol, Constantino Cordal Rodríguez e Álvaro Montes Celeiro. Tamén integran este grupo concelleiros e concelleiras como Fabiola Durán Pedroso, de Arbo; Sonia Vidal e Eladi Cid Babarro, de Xunqueira de Ambía; María Chao Martínez, das Pontes; Antonio Castro, de Rianxo; Mar Blanco Casais, da Estrada; Carlos Lorenzo Simón, de Toén; Ánxela Vizoso, de Cangas; Óscar Carrete, de Folgoso do Courel; Jorge González Lamas, de Pereiro do Aguiar, Jorge Vázquez Rodríguez, de Trives; Santiago Martínez López e Saleta Fernández de la Torre, de Cuntis; Manuel Seixas Caamaño e Noelia Estévez García, de Noia; Gustavo Pita Carballeira, de Ares; Maribel García Díaz, de Monforte; Celsa Oreiro Bermúdez e Óscar Blanco Tasende, de Val do Dubra; Manuel Siverio Miras Liñares, de Oroso; ou Xosé Manuel Pérez Sardiña, de Cabanas.

Todas e todos eles chegaron xa este martes ao mediodía a Bruxelas e comezaron a súa viaxe pola capital europea realizando hoxe pola tarde unha visita guiada ao Parlamento Europeo.

LÍDIA SENRA E 30 ALCALDES E CONCELLEIROS GALEGOS PARTICIPAN NO PARLAMENTO EUROPEO NO

ENCONTRO ANUAL REALPE DE CARGOS POLÍTICOS MUNICIPAIS DA ESQUERDA EUROPEA

Mércores

8

Febreiro

De 15:00 a 18:30hrs. Sala ASP 01 G2

Parlamento Europeo

Bruxelas

 

Lídia Senra, eurodeputada galega,

acompañada dunha delegación de trinta alcaldes e concelleiras/os galegos

 

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies