AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Coloquio en Santiago este venres: “A situación política no Brasil e o traballo do MST”

28 Setembro, 2016 AGEe, Bárbara Loureiro Borges, Brasil, Compostela Aberta, GUE/NGL, Lidia Senra, MST, Suso Sanmartín
  • Terá lugar no local de Compostela Aberta, na Praza do Toural, en Santiago de Compostela. Venres 30 de setembro, ás 19:00 horas
  • Intervirán Bárbara Loureiro Borges, enxeñeira forestal no sector da produción do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra do Brasil; e Lídia Senra, eurodeputada de AGEe e membro do GUE/NGL

 cartel-compostela-300916

Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) e o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) -do que AGEe forma parte no Parlamento Europeo-, organizan en colaboración con Compostela Aberta e co Movimento dos Traballadores Rurais Sem Terra (MST) do Brasil, este venres, 30 de setembro, ás 19:00 horas, no local de Compostela Aberta, na Praza do Toural, unha charla coloquio baixo o título “A situación política no Brasil e o traballo do MST”.

Na charla, que será presentada por Suso Sanmartín, intervirán Bárbara Loureiro Borges, enxeñeira forestal no sector da produción do MST; e Lídia Senra, eurodeputada de AGEe e membro do GUE/NGL. O evento está organizado aproveitando que Bárbara Loureiro Borges estará na Galiza toda esta fin de semana. Desprázase desde o Brasil para participar, ademais de neste acto en Santiago o venres pola tarde, tamén o sábado en Ourense na xornada “Os incendios forestais na UE. O negocio do lume”.  A representante do MST tamén manterá un encontro co Sindicato Labrego Galego (SLG) este venres pola mañá.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies