AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Chamamento para que o Estado español interceda fronte a Turquía ante as detencións de xornalistas

19 Agosto, 2016 dereitos humanos, Dogan Güzel, Lidia Senra, medios de comunicación, Özgür Gündem, poboación kurda, Turquí
  • Lídia Senra asina, con outras eurodeputadas/os, unha carta dirixida ao Director Xeral de Españois no Exterior preocupándose por Dogan Güzel 
  • O ilustrador gráfico e colaborador do diario dirixido á poboación kurda Özgür Gündem foi arrestado e denunciou ter sufrido agresións 

dogan

Santiago, 19 agosto 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ven de asinar, xunto a outras eurodeputadas e eurodeputados do Estado español, unha carta dirixida ao Director Xeral de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares e Migratorios, Cristóbal Ramón Valdés y Valentín-Gamazo, amosando a súa preocupación pola situación de Dogan Güzel, cidadán español, ilustrador gráfico e colaborador do diario Özgür Gündem, que foi detido polas forzas policiais turcas.

Tal e como recolle a carta textualmente, “o arresto produciuse no marco da purga de medios de comunicación que está levando a cabo o presidente da República de Turquía, Recep Tayyip Erdogan, como parte do seu plan antigolpista. Özgür Gündem é un medio de comunicación dirixido á poboación kurda que vive en Turquía. Unha vintena de colaboradores deste medio tamén foron encarcerados, entre eles xornalistas, fotógrafos e cámaras. Güzel tamén colaborou en medios de comunicación españois como 20 Minutos e Intermedia Producciones e foi galardoado co Premio ao Valor pola asociación estadounidense Cartoonist Rights, entre outros”.

A misiva fai referencia a que “Turquía atópase entre os países que máis violacións contra a liberdade de expresión cometen. Segundo a asociación Reporteiros sen Fronteiras, Turquía está no posto 151 de 180 na clasificación da liberdade de prensa precisamente porque viola de xeito sistemático un dos piares fundacionais da Unión Europea, a expresión libre de ideas, opinións e noticias. A raíz do fallido golpe de Estado e das políticas represivas postas en marcha polo executivo turco, os dereitos humanos e a liberdade de expresión sufriron máis retrocesos, como denuncia Amnistía Internacional, destacando entre outras cousas que –a 25 de xullo- se dictaran 42 ordes de detención contra xornalistas e había 6 xornalistas detidos. Tamén se bloquearon 20 sitios web de noticias, revocáronse as licenzas de 25 medios de comunicación e o período de detención sen comunicación pasou de 4 a 30 días”.

A pesar de que onte foron liberados tanto Dogan Güzel como os seus compañeiros baixo a imputación de resistencia á autoridade, as e os eurodeputados asinantes da carta aseguran que continúan a “temer pola súa integridade, xa que todos os detidos denunciaron agresións durante a detención”. É por iso que as e os deputados no Parlamento Europeo toman a iniciativa e pregúntanlle a través da citada carta ás autoridades do Estado español polas “xestións diplomáticas que pretenden realizar para que Dogan Güzel e demais cidadáns como el, que non cometeron delito algún máis que denunciar as violacións de dereitos humanos que se cometen contra o pobo kurdo, non volvan padecer detencións arbitrarias”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies