AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Chamamento desde o Parlamento Europeo ao Estado español para avanzar no proceso de paz do País Vasco

19 Outubro, 2016 AGEe, Basque Frienship Group, GUE/NGL, Lidia Senra, País Vasco, Parlamento Europeo
  •  Lídia Senra participa na rolda de prensa do Basque Frienship Group polos 10 anos da resolución da Eurocámara en apoio á fin do conflito 
  • A membro de AGEe pediu xunto a outros 4 eurodeputados/as que esta resolución se inclúa na axenda de negociación do novo Goberno estatal

grupo-vasco-de-pe

 Bruxelas, 19 outubro 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), participou este mércores na rolda de prensa organizada en Bruxelas polo Grupo de Amizade do País Vasco no Parlamento Europeo. En calidade de membros do Basque Frienship Group, Lídia Senra, así como a eurodeputada do Sinn Féin Martina Anderson, o eurodeputado de Nova Alianza Flamenca Mark Demesmaeker, o eurodeputado catalán de Esquerra Republicana de Catalunya Josep-maria Terricabras, e a eurodeputada do Grupo dos Verdes/Alianza Libre Europea Tatiana Zdanoka, tomaron a palabra para realizar un chamamento aos partidos políticos do Estado español co obxectivo de que se inclúa na axenda do novo Goberno estatal a resolución aprobada hai agora dez anos por parte do Parlamento Europeo en apoio ao proceso de paz do País Vasco.

Lídia Senra lembrou na súa intervención como o Parlamento Europeo aprobou o 23 de outubro do 2006 a citada resolución “de apoio ao proceso de paz vasco”, grazas “á ardua labor dos grupos políticos, parlamentarias e parlamentarios e outros actores que estiveron involucrados no esforzo de perseguir un escenario de paz duradeira”. Neste sentido, a eurodeputada galega considerou que o “primeiro punto da folla de ruta cumpriuse co anuncio de ETA de poñer fin á súa actividade armada, aínda que o segundo punto, referido á apertura das negociacións sobre as consecuencias do conflito, foi desbotado polos gobernos do Estado español e francés”. “Está claro que o proceso de resolución do conflito vasco progresou de xeito moi positivo nos últimos anos. Avanzouse moito, pero aínda queda moito por facer”, dixo.

Así, cando se fan dez anos daquela resolución, o Basque Frienship Group dá agora un novo paso e realiza desde o Parlamento Europeo un chamamento para que o Estado español inclúa esta cuestión nas negociacións para a formación dun novo goberno, sexa cal sexa a súa cor política, e non perda a oportunidade de alcanzar unha paz duradeira no País Vasco. As eurodeputadas e eurodeputados recalcaron no texto que leron que a resolución segue en vigor e que aposta por un proceso que aborde todos os elementos cruciais do conflito, como o desarme e a situación de presas e presos e vítimas.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies