AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Benvidas/os á nova páxina web da eurodeputada Lídia Senra. Novo enderezo: www.lidiasenra.gal

19 Setembro, 2018

 Portadanovaweb_190918

  • Lídia Senra presenta esta ferramenta para facer máis accesible a todos os galegos e galegas as cuestións que se abordan nas institucións europeas
  • A eurodeputada pon a disposición todos os vídeos, publicacións e material relacionado co traballo que vén desenvolvendo dende o 2014

Santiago, 19 de setembro de 2018. A eurodeputada galega, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, estrea nova páxina web e novo dominio na rede. www.lidiasenra.gal será a partir de agora o portal dixital a través do cal a europarlamentaria e a súa equipa informarán sobre todas as actividades diarias, debates e traballos de interese para Galiza que se desenvolven na Eurocámara.

Con esta nova web, Senra pretende facer máis accesible a todos os galegos e galegas as cuestións que se abordan tanto no Parlamento Europeo como na Comisión Europea e que teñen unha incidencia fundamental no presente e futuro do país. “O oitenta por cento das decisións políticas que logo afectan e condicionan a nosa vida tómanse nas institucións europeas. Por iso é moi importante que se coñeza o que se debate na UE, sobre todo tendo en conta que a maioría das veces a maior parte da poboación entérase dos efectos negativos dunha decisión política que se toma na UE cando o Goberno do Estado ou da Xunta a aplican e xa é tarde para botala atrás. É fundamental que as persoas se informen e participen con propostas e mobilizacións se fora preciso cando se dan debates na UE. A todo iso levamos máis de catro anos contribuíndo e seguiremos a facelo de aquí ao final de lexislatura no 2019”,defende Senra.

A nosa web, que leva como cabeceira o lema ‘Lídia Senra. A Nosa Voz en Europa’, está estruturada en diferentes seccións nas que se poden consultar todos os vídeos da eurodeputada intervindo nas sesións plenarias europeas e nas comisións parlamentarias; así como o material relacionado con todas as xornadas de debate e informativas sobre diversos temas organizadas pola deputada na Galiza no que vai de lexislatura; as visitas que realizaron colectivos galegos a Bruxelas a iniciativa da europarlamentaria desde o 2014 para defender cuestións relacionadas co país; todas as publicacións impresas que ten feito en formato boletín periódico e libros temáticos; todas as preguntas parlamentarias rexistradas por escrito; así como todas as notas de prensa. A web actualizarase a diario para ofrecer información nova continua e practicamente en directo sobre todo o traballo que continúe a realizar Senra.

Con esta nova web, a eurodeputada dá un paso máis no seu esforzo por comunicar e tender a man á sociedade en xeral e a todos os colectivos que loitan polos dereitos do País e das persoas, para xuntos e xuntas ter presenza e incidencia en Europa. Despois de xa ter publicados nos últimos anos 2 boletíns de resumo de todo o seu traballo e tamén 2 libros temáticos[1], adicados a alternativas enerxéticas e feminismo, Senra lanza agora nova web e agarda nun futuro próximo presentar tamén novos boletíns en formato dixital e impreso de novos resumos e libros temáticos sobre outros sectores.

 [1] Aquí pódese acceder ao Boletín 1 de A nosa voz en Europa: https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/05/A-nova-voz-en-Europa.-Nº1.pdf

Aquí pódese acceder ao Boletín 2 de A nosa voz en Europa: https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/06/Boletin-Lidia-Senra-A-Nosa-Voz-en-Europa-nº-2.pdf

Aquí pódese acceder ao libro ‘Presente e futuro enerxético da Galiza no contexto europeo’: https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/05/Presente-e-futuro-enerxetico-de-Galiza-no-contexto-europeo-2016.pdf

Aquí pódese acceder ao libro ‘O feminismo, imprescindible para construír outra Europa’: https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/06/O-feminismo-imprescindible-para-construir-outra-Europa-1.pdf

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies