AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Austeridade e violencia machista, exemplo do desleixo da UE e dos Estados en materia de igualdade

8 Outubro, 2015 Comisión Europea, emerxencia social, estafa bancaria, Lidia Senra, machismo, políticas públicas, recortes, recortes sociais, violencia machista

 

  • Debate sobre aplicación do principio de igualdade de oportunidades e trato entre homes e mulleres (Directiva 2006/54/CE)
  • Senra denunciou que as políticas de igualdade son “insuficientes”, pero “existen”, así que deben ser aplicadas e respectadas


Estrasburgo, 08 Outubro 2015. A primeira hora desta mañá o Parlamento Europeo debateu un informe sobre a aplicación do principio de igualdade de oportunidades e trato entre homes e mulleres naqueles eidos vinculados ao emprego e á actividade profesional, relativo á Directiva 2006/54/CE do PE e do Consello.

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda, Lídia Senra, centrou a súa intervención en sinalar as responsabilidades políticas na dinamización e posta en marcha de medidas pro-igualdade, incidindo en que a brecha salarial, as políticas de austeridade e a violencia machista “son o claro exemplo do pouco que están facendo as institucións, tanto nos Estados membro como na UE para poñer en práctica esas políticas de igualdade e de prevención de violencia contra as mulleres”, que inda que “moitas veces son insuficientes”, recalcou, “existen”.

A eurodeputada de AGEe decidíu deste xeito empregar a súa quenda de intervención para interpelar directamente á Comisión Europea: “que pensa facer na práctica para eliminar o sesgo de xénero que existe á hora de aplicar as políticas de igualdade e de loitar contra a violencia machista?”, inquiriu. Senra insistiu na necesidade de poñer en marcha medidas de acción positiva neste sentido, xa que “se non avanzamos nisto seguiremos analizando cada ano a situación das mulleres en distintos ámbitos pero permanceremos na mesma situación”.

 

 Enlace  á intervención: https://www.youtube.com/watch?v=Vhc52GcKu0E&feature=youtu.be

 

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies