AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

“Austeridade e fascismo son as dúas caras da mesma moeda: as políticas da UE alimentan a extrema dereita”

27 Setembro, 2018

 

  • Semana de formación do GUE/NGL en Nápoles para coñecer proxectos alternativos impulsados pola sociedade civil
  • Senra reitera ás institucións europeas que a extrema dereita e o autoritarismo fréanse poñendo fin ás políticas de austeridade

Bruxelas, 27 de Setembro de 2018. Durante esta semana a eurodeputada galega Lídia Senra estivo a participar nas xornadas de formación convocadas polo Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL) en Nápoles co obxectivo de coñecer de primeira man proxectos alternativos construídos directamente dende as bases sociais para mudar a cidade.

Senra_Nápoles_set2018
Deputadas e deputados do GUE/NGLpreparándose para o inicio das xornadas de formación en Nápoles

 

“Lamentablemente, ultimamente as novas que estamos a escoitar de Italia alértannos da escalada do fascismo neste país. Dende a actitude inhumana do ministro Salvini opoñéndose ao rescate de persoas refuxiadas, pasando pola agresión fascista que a deputada do GUE/NGL Eleonora Florenza e o seu equipo sufriron o sábado pasado en Bari. Pero o que precisamos agora é pór enriba da mesa propostas que funcionen, e durante estes días puidemos coñecer varios exemplos. A extrema dereita utiliza o medo. Nós precisamos respostar dende as esquerda cunha mensaxe clara e simple que aborde as verdadeiras preocupacións da cidadanía”.

44188660754_9370771e24_k
Deputadas e deputados do GUE/NGL durante o encontro con docentes da Fondacione Famiglia di Maria

A semana de formación comezou mantendo reunións con traballadores/as sociais e profesorado, que ao tempo que deron conta das súas experiencias a pé de rúa situaron a importancia da educación pública e da cultura como ferramenta estratéxica para o desenvolvemento e a inclusión social.

Baixo o título “Redución do tempo de traballo, ingreso básico e estándar social: unha proposta para facer fronte ao desemprego e a precariedade”, as eurodeputadas/os do Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea debullaron alternativas para poñer freo á escravitude moderna á que os grandes capitais pretenden abocar ás clases populares. “O concepto de “traballadores e traballadoras pobres”, a día de hoxe totalmente instaurado nas nosas sociedades, ten que ser denunciado urxentemente como unha liña vermella. Os Gobernos e as institucións lexislativas teñen a obriga de reverter esta situación. É unha realidade que na UE existen millóns de persoas que traballan máis horas ao día do que a lei permite e a cambio obteñen salarios miserábeis cos que non poden vivir dignamente. A isto hai que sumarlle tódolos millóns de persoas que non teñen traballo, que dependen, polo tanto, doutras persoas ou da asistencia para poder mesmo sobrevivir”, reflexionou a eurodeputada galega.

A xornada do hoxe, que puxo punto e final ás xornadas de formación,  centrouse en analizar a actual ofensiva de privatización de servizos e capitalización do que até agora eran dereitos sociais na UE. O debate estruturouse arredor da premisa “Defensa dos bens comúns. Débeda pública,  austeridade e extorsión”. Senra reiterou a necesidade de establecer a Renda Básica Universal “como un instrumento de reparto da riqueza e de combate contra a pobreza”, así como a necesidade de “manter e recuperar os dereitos laborais e as conquistas sociais que nos foron arrebatando, así como os servizos públicos para todas as persoas”. Ademais, criticou as graves contradicións existentes entre o discurso e a praxe das propias institucións comunitarias, e reivindicou que “Europa non se constrúe con propaganda, nin con demagoxia nin con represión. Europa constrúese poñendo fin ás políticas de axuste e aos recortes. Constrúese facendo que a débeda a paguen os responsables de contraela, é dicir, os bancos e as grandes empresas.”

WhatsApp Image 2018-09-25 at 13.00.16
Foto de grupo diante dun dos murais reivindicativos das rúas de Napoles
anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies