AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

As multinacionais europeas, principais beneficiarias do libre comercio con Xeorxia, Moldavia e Ucraína

21 Xaneiro, 2016 acordos comerciais, AGE, AGEe, agricultura, Comisión Europea, crise de dereitos, emerxencia social, estafa bancaria, estafa financieira, liberalización, liberalización comercial, liberalización sector lácteo, libre mercado, Lidia Senra, Moldavia, OMC, Organización Mundial do Comercio, políticas públicas, soberanía alimentaria, sustentabilidade, Ucraína, Xeorxia

 

  • Senra rexeitou unha proposta de acordo que favorece que empresas europeas expolien recursos naturais e enerxéticos de Europa do Este
  • AGEe lembrou as consecuencias na Galiza logo de trinta anos pertencendo á UE e da imposición das medidas de austeridade

 

Estrasburgo, 21 Xaneiro 2016. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, amosou o seu “rexeitamento” á proposta presentada no Parlamento Europeo en relación ao establecemento de Acordos de Asociación/Zonas de libre comercio de alcance “amplo e fondo” da Unión Europea con Xeorxia, Moldavia e Ucraína, votada esta mañá.

Durante o debate que tivo lugar no serán de onte, Senra chamou a atención sobre o feito de que estes acordos “permitirán ás multinacionais europeas apropiarse das ricas terras de Ucraína, dos seus minerais ou das súas augas”.

Aproveitamento estratéxico que tamén se identifica no caso de Xeorxia, onde as empresas europeas terán acceso á explotación “das súas madeiras, da súa enerxía hidráulica e beneficiaranse da súa situación como corredor do transporte Europa-Cáucaso-Asia”, aliás de seren países cobizados como novos mercados de consumidoras e consumidores.

Diante deste escenario, a eurodeputada galega subliñou onte na Eurocámara que cómpre que os pobos ucraíno, xeorxiano e moldavo coñezan cal é a situación dos pobos do sur de Europa “logo de que as multinacionais europeas se apropiaran dos nosos recursos e dos nosos mercados, e tamén logo da aplicación das políticas de austeridade”.

Así, Senra reiterou no pleno do Parlamento Europeo en Estrasburgo, que na Galiza “logo de trinta anos de Unión Europea volvemos ter fame; máis do 50% da mocidade está desempregada, máis do 22% da poboación está en risco de pobreza e exclusión social, milleiros de agricultoras/es desapareceron e centos de empresas pecharon”. “Este é o modelo de Unión Europea que lles ofrecemos”, advertiu.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xuño 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies