AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Arrancan este venres, no Palacio de Congresos de Santiago, as xornadas europeas sobre o futuro das pensións

27 Setembro, 2018 birgitta sevefjord, carolina galan duran, christophe janot, Concha Fernández, dimitris stratoulis, GUE/NGL, hector illueca, henri purje, john brady, Lidia Senra, maria isabel lemos, miguel arenas, miren etxezarreta, palacio de congresos, Paula Verao, pensións, Ramón Franquesa, Santiago de Compostela, seguridade social, traballo, victoria portas, xabier perez davila, xubilación

NOTICIA WEB_520x254_PENSIÓNS_listado (1)dipticoA4_PENSIÓNS_rrss (1)

  • Expertos en seguridade social, traballo e xubilación analizarán a situación da Galiza, Estado español, Irlanda, Portugal, Grecia, Francia, Finlandia e Suecia 
  • O encontro, aberto ao público, prolongarase deste o venres pola mañá até o sábado a mediodía, organizado pola eurodeputada Lídia Senra e MODEPEN 

Santiago, 27 de setembro de 2018. Santiago converterase, a partir de mañá venres e até o sábado a mediodía, na capital europea do debate sobre o futuro das pensións. O Palacio de Congresos da cidade compostelá acollerá a relatoras e relatores chegados non só da Galiza e do resto do Estado español, senón tamén de Irlanda, Portugal, Grecia, Francia, Finlandia e Suecia, expertos e expertas todas elas en seguridade social, traballo, e xubilación, para analizar a situación que se está a vivir con respecto ás pensións nos países rescatados de Europa e nos países que non o foron e teñen outro tipo de realidades e alternativas postas enriba da mesa. Organizadas pola eurodeputada Lídia Senra, en colaboración co Movemento Galego pola Defensa das Pensións (MODEPEN), as xornadas pretenden ser un punto de encontro e debate, para intercambiar experiencias sobre o que está a pasar coas pensións nos diferentes países, e artellar posibles vías de traballo común futuro para reivindicar a necesidade de manter os sistemas de pensións públicos e unhas pensións dignas. Trátase de facerlle fronte aos intentos de camiñar cada vez máis cara á privatización das pensións, que pretende o capitalismo e o neoliberalismo, e que a Unión Europea intenta reforzar co regulamento para a creación dun Produto Paneuropeo de Pensión Individuais.

Baixo o título de “O futuro das pensións. Galiza, Estado español e Europa”, as xornadas, que están abertas a todas aquelas persoas que queiran asistir, sen necesidades de inscrición previa e de xeito gratuíto, estruturaranse en diferentes coloquios e debates. O venres a sesión comezará ás 9:30 horas, cando Lídia Senra se encargará de abrir o evento e dar a benvida a todas as participantes, para a continuación dar paso á primeira mesa que estará centrada nas experiencias dos países rescatados de Europa, na que participarán Dimítris Stratoúlis, ex vice-ministro da Seguridade Social e membro do Secretariado Político de Unidade Popular de Grecia; María Isabel Lemos, membro da Direcção Nacional da Inter-Reformados/Confederação Geral dos Trabalhadores Portuguesses-Intersindical Nacional (CGTP-IN); e John Brady, deputado no Parlamento de Irlanda polo Sinn Féin. 

Xa ás 12:00 horas, terá lugar a segunda mesa da xornada, con Victoria Portas, portavoz da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións e integrante de MODEPEN; Xabier Pérez Davila, economista, escritor e membro de MODEPEN; e o doutor en Dereito, inspector de Traballo e Seguridade Social e profesor na Universidade de Valencia Héctor Illueca, xunto con Ramón Franquesa, profesor de Economía na Universidade de Barcelona.

Xa o venres pola tarde, ás 16:00 horas, haberá un coloquio para abordar experiencias noutros países europeos, con Christophe Janot, secretario federal da Federación Nacional de Industrias Químicas de Francia (FNIC); Birgitta Sevejford, antiga alcaldesa do Consello do Condado de Estocolmo; e Henri Purje, asesor de política económica do grupo da Alianza de Esquerda no Parlamento de Finlandia.

Ao día seguinte, o sábado, haberá ás 9:30 horas un relatorio de Carolina Gala Durán, profesora de Dereito do Traballo e da Seguridad Social da Universidade Autónoma de Barcelona sobre “Muller, pensións e atención ás persoas dependentes”, que será introducida por Miguel Arenas, avogado laboralista, profesor colaborador na Universitat Oberta de Catalunya. E a continuación, a partir das 10:45 horas, terá lugar unha charla sobre “Reparto ou capitalación”, con Miren Etxezarreta, economista, profesora da Universidade Autónoma de Barcelona.

A partir das 12:30 horas, presentaranse as conclusións da xornada e alternativas sobre os seguintes temas: Muller, pensións e dependencia; Reparto e capitalización; As Pensións na Galiza; As reformas de 2011 e 2013; e o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais (PEPP).

E novamente a eurodeputada Lídia Senra será a encargada de clausurar o evento, a partir das 13:00 horas, nunhas xornadas nas que tamén participarán a deputada de En Marea no Parlamento Galego Paula Vázquez Verao e a concelleira de Políticas Sociais de Santiago, Concha Fernández.

*Dada a importancia do tema que se vai tratar nestas xornadas e dada a presenza estes días en Santiago de Compostela de expertos e expertas que son referencia no ámbito das pensións no contexto galego, estatal e internacional, convócase a todos os medios de comunicación para tomar declaracións ás persoas participantes no hall de entrada do Palacio de Congresos o venres 28 de setembro, ás 11:30 horas; e o sábado 29 de setembro, ás 12:00 horas, durante a pausa café das sesións. 

*Tamén estamos á vosa disposición para concertar entrevistas telefónicas, ou en persoa, durante o xoves, venres e sábado, a calquera dos e das ponentes, á eurodeputada Lídia Senra, ou a portavoces de MODEPEN e da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións.

__________

Máis información ou entrevistas:

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) 

Tlf: 609 845 861, lidia.senra@europarl.europa.eu

http://lidiasenra.gal      https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez

(Prensa das xornadas: Rosabel —) 698144067

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies