AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Arias Cañete non concreta o plan de horizonte 2030 previsto para reducir as emisións contaminantes

21 Xuño, 2016 AGEe, agroecoloxía, Anova, comercio local, comisión de agricultura, emisións contaminantes, Lidia Senra, Miguel Arias Cañete, Parlamento Europeo, RCCDE

 

  • O comisario elude contestar a Lídia Senra sobre cal será o papel da agroecoloxía e circuitos curtos de comercialización na estratexia da UE 
  • A eurodeputada de AGEe defende na Comisión de Agricultura a produción ecolóxica e o comercio local fronte ao TTIP e CETA 

Lidia Senra na Comisión de Agricultura 21062016

Bruxelas, 21 xuño 2016. O comisario de Acción polo Clima e Enerxía da Unión Europea e ex ministro de Agricultura do Estado Español, Miguel Arias Cañete (Partido Popular), compareceu este martes na Comision de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo, celebrada en Bruxelas,  para non aclarar nin concretar “absolutamente nada” ao respecto do informe no que está traballando a Comisión, que pretende presentar este verán, e que fixará os obxectivos de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro para 2030 nos sectores nos que non se aplica o Réxime Comunitario de Comercio de Dereitos de Emisión (RCCDE) -sector agrario, sector do transporte rodado e edificación-. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), acusou a Árias Cañete de “limitarse a dicir xeralidades” e de non aclarar que medidas se van poñer en marcha para reducir as emisións.

“Tendo claro que o sector agrario pode contribuir dunha forma moi importante na redución de emisións, gustaríame saber que papel se lle vai dar nos obxectivos cara ao 2030 á agroecoloxía e ao comercio de proximidade dos alimentos; e tamén, concretamente, como pensan reducir o comercio de alimentos básicos arredor do mundo provocado polos acordos comerciais vixentes e polos que están en negociación”, en referencia ao CETA e ao TTIP, dixo Lídia Senra directamente ao comezo da súa intervención na Comisión hoxe pola mañá en Bruxelas.

A eurodeputada de AGEe intentou que se puxeran enriba da mesa vías de solución concretas para a redución de emisións contaminantes no ámbito agrario e preguntoulle tamén a Cañete, “tendo en conta que outra fonte importante de emisións son as importacións da alimentación animal, que pensa facer para potenciar a produción desta alimentación animal en Europa”, e poñer límite ás continuas importacións.

Na súa intervención, Senra tamén fixo referencia a que no ano 2014, o 45% do aceite de palma usado en Europa foi destinado para combustibles. No Estado Español, o 70% do chamado “biodiesel” fabricouse a partir do aceite de palma que xera tres veces máis emisións que o diesel convencional. “Que pensan facer con respecto a este problema concretamente, para reducir emisións no transporte?”, preguntou a eurodeputada.

Sen embargo, ningunha destas preguntas foron respostadas por Cañete na súa comparecencia de hoxe, unha comparecencia que, ademais, a pesar de que estaba anunciado que se retransmitiría en directo por vídeo, non puido ser seguida como normalmente se pode facer a través da web do Parlamento Europeo. Ante tal situación, Lídia Senra realizará novamente estas preguntas, pero desta volta farao por escrito, dentro do cupo de cinco preguntas mensuais que a eurodeputada pode realizar por escrito á Comisión Europea, co obxectivo de que, desta maneira si lle teñan que contestar e non poida eludir as preguntas.

Lídia Senra quixo onte volver amosar unha vez máis as súas dúbidas sobre os intereses que pode haber detrás das decisións que adopta Arias Cañete en calquera dos ámbitos nos que traballa. Como xa denunciara hai meses, a eurodeputada repetiu: “Que a ninguén se lle escape que o Comisario de Enerxía da UE é un individuo que mantén intereses directos en empresas petrolíferas”, o cal fai dubidar de se Arias Cañete está a funcionar máis como un lobbista que coma un Comisario, “tendo sido moi polémico dende o inicio o seu nomeamento ao incorrer en serios conflictos de intereses“. Logo están tamén as recentes informacións que o relacionan co branqueo de cartos denunciado nos Papeis de Panamá. “Se un individuo coma este é o responsábel europeo de enerxía, xa podemos imaxinar por onde poden ir as propostas da UE….”, advertiu a eurodeputada galega.

Arias Cañete está citado a comparecer ante a Comisión de Asuntos Xurídicos do Parlamento Europeo o próximo 12 de xullo. Nesa ocasión farao a porta pechada, a pesar da oposición do GUE/NGL, que demandou que se fixera de forma pública. O comisario deberá dar explicacións ese día sobre as relacións co chamado caso Acuamed, que afecta ao periodo no que foi ministro de Agricultura no Estado español. A Comisión reclamou a súa comparecencia tras sair á luz as investigacións da Audiencia Nacional sobre adxudicacións fraudulentas por parte da empresa estatal español Acuamed, que ten recibido fondos europeos. Nesas adxudicacións teríanse constatado algunhas irregularidades como a falsificación de certificacións e liquidacións, co obxectivo de aumentar significativamente as cantidades que cobraron as adxudicatarias. Varias testemuñas implican a Arias Cañete nun suposto acordo para autorizar estas prácticas. Ademais, Acuamed podería ter incorrido nun delito ecolóxico, chegando incluso ao envenenamento masivo nas augas do río Ebro no seu treito final.

“Se Arias Cañete foi capaz de realizar este tipo de manobras cando era ministro de Agricultura, que non seguirá facendo agora”, dixo Lídia Senra, para quen a fiabilidade dun home de semellante perfil agora á fronte das políticas de Enerxía e Acción polo Clima da Unión Europea debe ser nula. Por iso, a eurodeputada de AGEe alertou sobre a necesidade de ser vixilantes e facer seguemento continuo neste ámbito.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
Senra_ArquivoXan18_Ibr

A nova PAC reverdeceu o seu vocabulario para disimular a continuidade das políticas agroindustriais que están a destruír o medio rural europeo

2 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies