AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Aquí o noso programa electoral para seguir outros 5 anos defendendo unha Europa dos Pobos

19 Maio, 2019 26 de maio, 26m, compromiso por europa, eleccions europeas, En Marea, Lidia Senra

Cartel redes horizontal

Se queres consultar o noso programa electoral completo para os comicios europeos do 26 de maio do 2019, podes facelo, clicando AQUÍ.

E se prefires acceder á versión resumida das principais liñas estratéxicas do programa electoral, podes clicar AQUÍ.

O 26 de maio, xogámonos #ANosaVozEnEuropa

Por unha UE na que os dereitos das persoas vaian sempre por riba dos intereses do capital, #VotaLídiaSenra #EnMarea #CompromisoPorEuropa

Estímase que o 80% das decisións políticas que nos afectan cada día tómanse nas institucións europeas. Por iso, participar e votar o próximo 26 de maio para elixir aos membros do Parlameto Europeo é importante.

Estamos nun mundo onde xa non existe o concepto política internacional porque a perda de soberanías fai que noutros lugares, e tutelados polas grandes corporacións, se decidan cousas que afectan ás galegas e aos galegos. A Unión Europea está nun proceso de autodestrución democrática e social que hai que parar. As políticas de axuste cos países do sur e os sectores máis vulnerables propiciaron unha crise democrática, un sufrimento para as poboacións e un auxe do populismo, especialmente perigoso no caso da extrema dereita.

Presentamos aquí un resumo das principais liñas do noso programa.

IGUALDADE

–Potenciar e promover a incorporación e a participación das mulleres en pé de igualdade en todos os ámbitos.

–Poñer fin á fenda salarial e de xénero.

–Implementar a titularidade compartida nas granxas familiares.

–Avanzar nas medidas para poñer fin á violencia machista.

SERVIZOS PÚBLICOS E DE CALIDADE EN TODO O TERRITORIO

–Sanidade.

–Ensino.

–Servizos sociais.

–Dependencia e coidados.

–Transporte.

–Correos e acceso a redes de banda ancha.

REPARTO DA RIQUEZA: COMBATER A POBREZA

–Salarios decentes e pensións públicas e dignas.

–Prezos agrícolas remuneradores.

–Reparto xusto das axudas da Política Agrícola Común (PAC).

–Reparto do tempo de traballo, sen reducións salariais.

–Renda básica universal.

–Dereito de todas as persoas a vivenda, enerxía, auga e alimentos.

–Auditoría da débeda pública.

–Impostos: Reforma fiscal para que paguen máis as empresas financeiras, os altos ingresos, as grandes tecnolóxicas e os grandes patrimonios. Supresión dos paraísos fiscais europeos.

CAMBIO CLIMÁTICO

–Modo de produción alternativo, no marco dun desenvolvemento sostible.

–Redución da produción, do consumo e dos residuos.

–Transición enerxética e redución do consumo de enerxía.

–Defensa da terra, dos océanos e dos ríos fronte á minaría, a contaminación e os macrovertedoiros.

–Estratexia forestal europea que impida os monocultivos e desenvolva os bosques autóctonos, mantendo a biodiversidade e protexendo as augas.

SAÚDE

–Medidas para impedir conflitos de intereses e garantir transparencia na Axencia Europea do Medicamento e na Axencia Europea de Seguridade Alimentaria.

–Aplicación real do Principio de Precaución nas autorizacións de pesticidas e substancias químicas. –Prohibición do glifosato.

–Efectivizar a prohibición dos disruptores endocrinos en cosméticos, xoguetes e envases de alimentos antes de xuño do 2020.

–Impulsar empresas farmacéuticas públicas para garantir o acceso unviersal aos medicamentos, evitando que os sistemas públicos de saúde poidan ser reféns de intereses privados.

EMPREGO

–Plan europeo de investimentos para a creación de emprego en actividades sociais e ecoloxicamente útiles.

–Potenciación da agricultura labrega en base á agroecoloxía.

–Políticas axeitadas á pesca artesanal e de pequena escala.

–Apoio e desenvolvemento das pequenas e medianas empresas.

–Priorización do comercio e dos mercados locais e de proximidade fronte aos acordos internacionais de libre comercio. Paralización do TTIP, TiSa, CETA, etc.

CONSTRUÍR A PAZ

–A militarización e a industria armamentística non poden ser unha prioridade no Mecanismo Financeiro Plurianual. A UE e os Estados membros deben poñer fin a calquera tipo de intervención militar.

–A salvagarda dos dereitos humanos, políticos, civís, e a liberdade de expresión deben estar sempre por riba de calquera outro interese.

–Ningunha persoa é ilegal. Reclamamos políticas migratorias cinguidas ao marco dos dereitos humanos e que se poña fin á criminalización das persoas migrantes e á espoliación dos recursos naturais dos pobos en desenvolvemento.

Recoñecemento da lingua galega como idioma oficial no Parlamento Europeo e protección do noso patrimonio cultural.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies