AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Apoio á manifestación do día 27 en Compostela contra a Lei de Acuicultura

20 Febreiro, 2016 acordos comerciais, actividades, AGEe, Comisión Europea, comité de emerxencia da Ría de Ferrol, contaminación, cotas, crise de dereitos, mariñeiros, marisqueo, pesca, pesca artesanal, soberanía alimentaria, sustentabilidade

Ferrol200216

 

  • Os deputados Lídia Senra e Juan Manuel Fajardo, acompañados polo patrón maior de Cangas, alertan en Ferrol da perigosidade da norma
  • Medio cento de persoas ligadas ao sector marisqueiro da comarca ferrolá asistiron á charla organizada pola AC Fuco Buxán

 

Ferrol, 20 Febreiro 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), acompañada polo voceiro de AGE en materia pesqueira no Parlamento galego, Juan Manuel Fajardo, e o patrón maior de Cangas Javier Costa, apoiaron esta mañá en Ferrol a convocatoria nacional de manifestación feita polo sector pesqueiro galego para o domingo 27 de febreiro en Santiago de Compostela contra a Lei de Acuicultura.

Senra, Fajardo e Costa ofreceron unha charla no Centro Sociocultural Carballo Calero de Ferrol, organizada pola Asociación Cultural Fuco Buxán, á que asistiron ao redor de medio centro de persoas ligadas ao sector marisqueiro da comarca ferrolá.

Durante a súa intervención, Lídia Senra relacionou as decisións que se toman no Parlamento Europeo coas que se toman no Goberno da Xunta e do Estado español. Neste sentido, explicou que os intereses que hai detrás da Lei de Acuicultura son tamén derivados da última reforma da Política Pesqueira Común e pretenden posibilitar que as grandes empresas multionacionais xestionen e exploten os recursos do mar.

Lídia Senra fixo mención á pregunta realizada na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo á ministra noruega, Elisabeth Aspaker, interrogándoa sobre cales eran os intereses do seu país en relación á acuicultura en Galiza. “Contestoume que as empresas de Noruega teñen capacidade para a produción acuícola e son das mellores do mundo. Con estas palabras estanos dicindo que efectivamente teñen interés en proxectos acuícolas na costa galega”, explicou.

Na mesma liña, Fajardo insistiu en que o obxectivo da Lei de Acuicultura é permitir ás multinacionais que acaparen os mares. “De saír adiante, esta normativa permitirá que as multinacionais teñan todo o espazo da costa para elixir onde se queiran instalar e poder explotar peixes transxénicos nas rías galegas. Isto pode ser unha bomba de reloxería que estoupe e acabe coa biodiversidade”, alertou. O deputado de AGE asegurou que ante esta situación, é “fundamental” que se artelle unha resposta a esta Lei e que a manifestación convocada polo sector para o día 27 de febreiro en Santiago de Compostela ás 11:30 horas, que sairá da Alameda e rematará na Praza do Obradoiro, sexa multitudinaria.

Igualmente, o patrón maior de Cangas, Javier Costa, definiu como “torpedo á pesca artesanal” a Lei de Acuicultura planificada. “Se a aproban non teremos por onde saír”, dixo. “A prioridade será a acuicultura por riba da pesca artesanal e do marisqueo, quitarannos os espazos de mar e daránllelos ás multinacionais”, asegurou. “Non podemos permitir que as multinacionais exploten os nosos mares e que os fondos mariños queden totalmente arrasados, porque despois, nesas zonas non criará nada, arrasarán todo, por iso temos que saír todos á rúa e estar o día 27 en Santiago”, zanxou.

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies