AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

AGEe vota en Estrasburgo en contra da nova Axencia da Garda Europea de Fronteiras e Costas

6 Xullo, 2016 acollemento, AGEe, asilo, dereitos humanos, fronteiras, Frontex, Lidia Senra, migración, Parlamento Europeo, refuxiadas, refuxiados, Unión Europea

 

  • Lídia Senra chama a resolver a grave crise humanitaria actual e a abandonar as políticas que tratan ás persoas migrantes como inimigas 
  • Tacha de reprobable a actitude da UE por non buscar solucións ás causas que orixinan a migración e a demanda de asilo das refuxiadas 

 Protesta diante do PE contra a Frontex

Santiago, 6 xullo 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), votou hoxe no pleno do Parlamento Europeo en Estrasburgo, en contra da nova proposta de regulamento relativo á Garda Costeira e de Fronteiras Europea. A Eurocámara debateu esta mañá as novas competencias que terá a ata o de agora Axencia Europea para a Xestión da Cooperación Operativa nas Fronteiras Exteriores dos Estados membros da UE, Frontex, que será transformada en Axencia da Garda Europea de Fronteiras e Costas.

O representante do Parlamento Europeo nas negociacións interinstitucionais, Artis Pabriks, explicou que a axencia de Frontex ampliará, unha vez aprobada hoxe a proposta, a súas misións e terá poderes e obrigas estendidas, “podendo prestar axuda a calquera país da UE que se enfronte a presión desproporcionada da migración ou a calquera outro tipo de problemas potenciais nas súas fronteiras externas”. A nova axencia estará composta por 1.500 gardas fronteirizos, capaces de chegar a calquera lugar en 72 horas e tamén terá a facultade de repatriar ás persoas migrantes. “En caso de que un Estado se negue a cooperar coa nova axencia e poña baixo ameaza o funcionamento normal da zona Schengen, os demais membros da UE poderán introducir o control fronteirizo con ese Estado”, explicou Artis Pabriks no pleno.

Campaña Frontex ExitFronte a esta posición, Lídia Senra, en consonancia coa campaña, impulsada por movementos sociais, Frontex Exit, denunciou que “Europa está en guerra contra un inimigo inventado”, e criticou que a aprobación da nova Frontex non supón máis que “insistir nesa idea de que as persoas migrantes son unha ameaza para a seguridade da UE mentres o respecto aos dereitos fundamentais brilla pola súa ausencia novamente”.

A eurodeputada galega considera que o novo proxecto non aborda a urxencia humanitaria que se está a dar nas fronteiras da UE e que fai oídos xordos aos graves problemas de violación de dereitos fundamentais. A nova axencia terá competencias para recoller e procesar máis datos persoais dos migrantes e para transmitir esta información á Europol sen as garantías de protección de datos necesarias. Senra criticou que a Unión Europea siga negándose a abordar o reto real ao que se enfronta hoxe en día, cando “moitas mulleres e homes seguen a morrer cada día na auga tratando de chegar a Europa e a axencia non fai nada” e cando segue sen resolverse de forma efectiva a crise das persoas refuxiadas. “A UE está a levar a cabo unha política totalmente nefasta e reprobable. Non está a facer nada para resolver as guerras e conflitos que hai nos países de orixe das persoas migrantes. Estamos falando de persoas que foxen de zonas de conflito e demandan asilo e tamén de persoas que foxen da miseria provocada pola rapiña das multinacionais e das potencias occidentais nos seus países e a UE non fai nada nin para garantirlles o dereito ao asilo nin para poñer fin ao saqueo de recursos naturais que as multinacionais levan a cabo nesas zonas”. “O que habería que facer é combater as causas que provocan a migración forzada, proporcionar asilo e acollida e desenvolver políticas en condicións que respecten os dereitos humanos”, insistiu.

Antes da votación no pleno deste mércores, o martes pola tarde Lídia Senra, ao igual que varias eurodeputadas e eurodeputados do GUE/NGL, participou na protesta ás portas da sede do Parlamento Europeo, en Estrasburgo, contra a que é coñecida como nova Frontex.

Lídia Senra insiste que en lugar de levar a cabo este tipo de reformas, a UE debería centrarse en garantir os dereitos de asilo e acollida e a actuar en situacións sangrantes como a que se está a dar en Hungría, onde máis de 600 persoas xa foron expulsadas ao outro lado das vallas fronteirizas e non reciben asistencia.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xuño 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies