AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

AGEe esixe á Comisión Europea e Consello maior eficiencia na resolución das preguntas parlamentarias

23 Maio, 2016 AGEe, Comisión Europea, Lidia Senra
  • Denunciamos as limitacións aplicadas ao mecanismo das preguntas parlamentarias, unha das canles máis directas entre a UE e a cidadanía
  • Alegar descoñecemento e remitir a unha certa ambigüidade interesada nas responsabilidades dos Estados, principais motivos dos bloqueos

Bruxelas, 23 Maio 2016. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, vén de rexistrar unha pregunta parlamentaria dirixida á Comisión Europea (CE) facendo notar as eivas no procedemento de resposta das mesmas por parte tanto da CE como do Consello.

A fórmula das preguntas parlamentares, que permite que as eurodeputadas/os realicen consultas de temática libre, por escrito, directamente dirixidas á Comisión e ao Consello, vén sufrindo restricións nestes últimos anos que merman significativamente a calidade do diálogo entre cidadanía e institucións europeas.

Na anterior lexislatura estas preguntas pasaron de ser válidas sempre e cando ocupasen un único formulario[1] -independentemente do tamaño e fonte- a seren limitadas a un máximo de 25 liñas a Times New Roman 12 e, posteriormente, constreñidas a un máximo de 200 palabras -sempre sen posibilidade de información adxunta-. Ademais, durante a lexislatura actual, restrinxiuse o máximo de 10 preguntas mensuais a unicamente cinco ao mes.

A esta deterioro da fórmula das preguntas parlamentares engádese tamén unha certa tendencia por parte de Comisión e Consello a eludir pronunciarse con claridade sobre as consultas realizadas. A raíz da resposta obtida a unha pregunta relativa ao impacto social e ecolóxico da concesión mineira Isabela II -explotación de recursos mineiros de 46 km2 dos termos municipais de Zas, Santa Comba, Vimianzo e Coristanco (A Coruña)-, na que a Comisión non só elude pronunciarse alegando “non ter coñecemento”, senón que mesmo para esta resposta remite á contestación dunha pregunta sobre o proxecto mineiro da empresa canadense Edgewater en Corcoesto, da que por suposto tampouco tiña “coñecemento”, dende Alternativa Galega de Esquerda en Europa decidimos consultar á Comisión Europea sobre o procedemento en si das preguntas parlamentarias.

Xa que logo, sinalamos na nosa “pregunta sobre as preguntas”, que debido ás reiteradas respostas por parte da Comisión Europea aludindo á imposibilidade de valoración por carecer de información ao respecto da maioría das consultas realizadas, e a prol de aumentar a eficiencia deste mecanismo e minimizar a frustración xerada ao comprobar que Comisión e Consello descoñecen grande número das problemáticas das que a cidadanía está a solicitar a súa avaliación, a eurodeputada galega Lídia Senra solicitou en primeiro termo saber “como é exactamente o procemento a través do cal a Comisión solicita información aos Estados membro ou gobernos como os das Comunidades Auntónomas”.

Afondando no modo en que solicita información aos gobernos intracomunitarios, Senra tamén pediu á Comisión que concrete “cales son os asuntos sobre os que as autoridades estatais e locais deben informar previamente á Comisión”.

Finalmente, a eurodeputada galega remite directamente ao desleixo das institucións europeas no tocante á súa responsabilidade informativa e razoa: cando se rexistra unha pregunta parlamentar, nos casos nos que a Comsión non ten “ningunha información” que indique un posíbel incumprimento das disposicións pertinentes da lexislación da UE, non debería a Comisión en primeiro lugar requirir esas informacións ás autoridades ou axentes informativos pertinentes para precisamente poder respostar á pregunta formulada?”.

As preguntas parlamentares, xunto co rexistro directo de denuncias a través da Comisión de Peticións -como a realizada por exemplo recentemente por SOS Sanidade Pública co apoio de AGEe-, “son dos poucos mecanismos que nos permiten dirixirnos directamente ás institucións europeas”, lembrou Lídia Senra, “cando a Comisión ou o Consello actúan limitando a súa eficacia están incorrendo unha vez máis na merma da calidade democrática dunha UE que, lamentabelmente, cada día afástase máis dos pobos, ao tempo que prioriza a interlocución cos poderes económicos e financieiros e os seus lobbies“.

 

Exemplo de formulario de pregunta parlamentar:

FORMULÁRIO PE_PT-page-001

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies