AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

A vespa velutina pode poñer en perigo a seguridade alimentaria de toda Europa

3 Marzo, 2016 abellas, AGEe, apicultura, Lidia Senra, Parlamento Europeo, vespa velutina
  • O 80% dos cultivos europeos dependen da polinización mediada por animais. Non é un problema da apicultura senón de toda a sociedade
  • Demandamos un plan institucional conxunto e coordenado a nivel europeo para facer fronte ás consecuencias da praga da vespa velutina

030316_Supervivencia abellas6-min

Bruxelas, 03 Marzo 2015. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda, Lídia Senra, deu comezo esta mañá á xornada Afrontando retos para a supervivencia das abellas en Europa lembrando que “o sector leva denunciando a problemática da desaparición das abellas dende fai moitos anos”. Senra destacou tamén “o efecto do cambio climático e da globalización” como dous dos condicionantes que están a favorecer o desprazamento de especies foráneas cara outras latitudes, como acontece no caso da vespa asiática. “Tanto a apicultura, como a agricultura e o medioambiente estanse vendo fortemente afectados por este problema; un problema que non é sectorial, senón de toda a sociedade”, por iso un dos obxectivos desta xornada é “facer unha chamada de atención ao Parlamento Europeo e á Comisión sobre a grave problemática que estamos enfrontando”.

Durante a primeira parte da xornada, centrada nos plans de loita contra a vespa velutina, Gilles Lanio,Presidente do Sindicato de Apicultores de Morbihan e da Union Nationale de l’Apiculture Française (UNAF), aportou claves sobre as características da expansión da vespa velutina “as primeiras larvas son moi pequenas, pero ao final de cada ciclo pódense dar centos de raíñas”, tamén destacou que é unha especie depredadora non só das abellas, senón doutro tipo de polinizadores, “no rural depredan un  60%  dos insectos e 40% abellas, en tanto que nas vilas é ao revés”. Tamén teñen unha predilección polas plantas asiáticas, polo que “é importante identificalas para ubicar aí as trampas para as raíñas nai”,  tamén lles gustan as ameixeiras e os plataneiros. Os apicultores/as franceses, dos primeiros de Europa en identificar a presenza da vespa velutina fai máis de dez anos recibiron moitas críticas polas campañas que levaron adiante, fartos xa da inoperancia da Administración francesa. “O 2014 foi unha auténtica catástrofe porque seguimos las instrucións que nos deron dende as institucións, pero no 2015, cos nosos plans, conseguimos facela recuar por primeira vez”. Lanio aconsellou que dende o verán “hai que evitar poñer demasiadas trampas nas colmeas, porque van vir moitas vespas asiáticas, pero non raíñas, senón obreiras, e pode supor problemas para a colmea”. Tamén resaltou que hai que poñer trampas “nos lugares onde antes se puxo alimento para elas”.  Logo alertou de que hai trampas que se poden introducir nas colmeas, “pero non dan bon resultado porque estresa moito ás abellas, que poden deixar de criar, polo que  non se deben colocar as trampas nas colmeas”.

Seguidamente, Sandra Rojas, Doutora en Bioloxía na Universidade de Vigo e unha das coordenadoras do plan contra a vespa velutina posto en marcha por AGA, achegou as claves deste Plan de estudo e monitoreo das medidas de control do avispón asiático invasor.  Rojas, que resaltou que a polinización mediada por animais é “un proceso esencial para o mantemento da biodiversidade, o  funcionamiento dos ecosistemas e o benestar humán” e que máis do 80% dos cultivos europeos dependen desta polinización, advertiu de que os animais  polinizadores “están a afrontar  globalmente unha crise causada polo cambio climático, a alteración da paisaxe, a intensificación agrícola, o propagamento de axentes patóxenos e, en especial, a presión de especies invasoras; (…) a vespa velutina constitúe o primeiro caso exitoso dunha invasión de véspidos en Europa”. E é que esta vespa acadou en apenas dez anos os Estados español, francés, portugués, belga, italiano e alemán e, “dacordo con modelos predictivos”, especificou Rojas, “a invasión pode alcanzar á maioría de países europeos”. Na Galiza, concretou, “os primeiros rexistros son de 2012 e xa ten colonizadas todas as áreas costeiras”. De entre todos os impactos negativos da presenza desta especie invasora, Sandra Rojas destacou como o máis forte aquel que se relaciona co seu comportamento como depredador de insectos como abellas, bolboretas e outros polinizadores.

A continuación, Carlos Peña Gómez, da asociación vasca BAMEPE destacou que “percíbese claramente un descenso do número de vespas e abellas”. Peña destacou que é importante que non centremos este problema nos apicultores e apicultoras, “porque os danos non son só para a apicultura, este é un problema de toda a sociedade”, repetiu,  polo que “as actuacións deberían estar sendo lideradas polas administracións, téñense que implicar, non podemos ser só o sector apicultor”. Asemade, reiterou que o camiño ten que ser colectivo e coordenado, “alédome de que pouco a pouco nos vaiamos informando e poñendo esforzos en común”.

Dende Asturias, Carlos Marín Barcaiztegui, da Federación de Apicultores de Asturias (FAPI) foi o encarregado en pechar este primeiro panel da mañá. Situou que Asturias foi a última comunidade costeira en atoparse a velutina, “houbo un momento en que estabamos cercados polos extremos, dun lado Galiza, doutro lado Cantabria”. Barcaiztegui lamentou que  o sistema de confirmación de casos de vespa velutina “moitas veces pódese demorar mesmo durante meses”, polo que moitos apicultores e apicultoras “non poden solicitar que se ubiquen trampas para a vespa velutina debido a esta demora por parte da Administración. Nalgunhas ocasións “até teñen desaparecido solicitudes de trampeo”. Ademais solicítanlle un inventario de insectos que “caen nas trampas”, “pero para os apicultores é complicado, por falta de coñecemento e tempo,  e ademais cremos que o que se busca é compilar datos para a Administración de xeito gratuíto”. Dende a FAPI tamén se mencionou que no ano 2011 o propio Parlamento Europeo presentou un informe sobre a problemática da vespa velutina.

Audio da roda de prensa ofrecida este xoves pola mañá antes de comezar a xornada

RdP_vespa velutina5-min

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies