AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

“A UE ten que abandonar o seu enfoque inxerencionista e respectar os criterios de xustiza social e sostenibilidade”

16 Xaneiro, 2018

 

  • Como integrante da asamblea ACP-UE, Senra interviu no debate mantido esta tarde no PE ao respecto da actual situación en Kenia
  • Demandou políticas da UE orientadas ao empoderamento das clases populares e a acabar co acaparamento de terras e espolio de recursos

 Estrasburgo, 16 de Xaneiro de 2018. Lídia Senra, integrante da Asamblea Paritaria África-Caribe-Pacífico (ACP) e a Unión Europea interveu na tarde de hoxe no hemiciclo do Parlamento Europeo no marco do debate ao respecto da actual situación en Kenia para esixir á Alta Representante, Federica Mogherini, que a UE “abandone dunha vez por todas o enfoque inxerencista e eurocéntrico” e respecte que os recursos adicados ao desenvolvemento sexan destinados a actuacións neste sentido, “seguindo estritamente criterios de sostenibilidade e xustiza social, e nunca empregados baixo plantexamentos militares, como vergoñentamente está a suceder co Fondo Europeo de Desenvolvemento”.

As actuacións da Comisión Europea terían que ir “orientadas ao empoderamento das clases populares dos países empobrecidos”, instou Senra, o que na práctica debería materializarse en  favorecer o seu acceso a medios de produción, recursos naturais e garantir o seu dereito á Soberanía Alimentaria: “a UE debe traballar para por fin ao acaparamento de terras e favorecer un reparto xusto; actualmente o 98,4% do campesiñado só dispón do 11,7% da terra. Cómpre tamén garantir o acceso á auga, ás sementes e a servizos públicos como o saneamento, a sanidade ou o ensino”.

Aliás,  a eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL) tamén considerou que sería importante o desenvolvemento dunha investigación independente auspiciada polas Nacións Unidas  “para determinar a responsabilidade de corporacións multinacionais e algúns gobernos no acaparamento das riquezas do país e no agravamento das tensións económicas e sociais”.

Por último, Lídia Senra demandou á Unión Europea “un compromiso firme de cara a garantizar seguridade e condicións de vida dignas para as persoas refuxiadas somalíes no Campamento Dabaab”, que están fuxindo da violencia e da pobreza dende que a intervención militar de Estados Unidos no ano 1993 destrozou Somalia. “A UE debería prestar o apoio loxístico e económico necesario e para que Kenia non force o seu retorno das refuxiadas e refuxiados somalís”.

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies