AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

A UE está a tentar eludir cumprir a sentenza do TXUE en relación aos acordos comerciais con Marrocos

12 Novembro, 2018

inta_ue-marrocos 

  • En 2015 e 2018 o TXUE anulou os acordos de libre comercio e de pesca UE – Marrocos por comercializar con recursos que son do pobo saharauí
  • Senra é a responsábel para todo o GUE/NGL no seguimento de tres novos informes sobre as relacións comerciais entre a UE e Marrocos

 Bruxelas, 12 de Novembro de 2018. Como xa alertou o mes pasado a eurodeputada galega Lídia Senra, logo de que o Tribunal de Xustiza da UE (TXUE) anulara no ano 2015 o libre comercio asinado entre a Unión Europea e Marrocos, e de que no 2018 anulara tamén o acordo pesqueiro, nun absoluto alarde de cinismo a UE está a pór en marcha estratexias co obxectivo de eludir cumprir o ditaminado polo seu propio tribunal en relación ao obrigado respecto da vontade do pobo saharauí sobre os seus recursos e territorios.

Para poder presentar novos acordos económicos que faciliten aproveitarse dos recursos naturais do pobo saharauí sen renunciar a ter como socio a unha potencia ocupante, como é o Reino de Marrocos, a UE está a desenvolver un procedemento coñecido como “intercambio de notas”. En palabras da propia Organización das Nacións Unidas (ONU), adóitase recorrer á  técnica do intercambio de notas por tratarse dun procedemento rápido, ou, ás veces, para evitar o proceso de aprobación lexislativa[1]. A UE non dá puntada sen fío. Marrocos tampouco.

“Esta modificación que a UE está a tentar facer a través do procedemento de intercambio de notas non pode considerarse so de natureza técnica. Lévase a cabo nun contexto político, xudicial e xeopolítico amplo, no que a explotación dos recursos naturais son un elemento clave do conflito entre o Goberno de Marrocos e o pobo saharauí”, analiza Senra.

A deputada ven de presentar varias emendas á resolución non lexislativa da Comisión de Comercio Internacional (INTA) do Parlamento Europeo sobre a proposta de Decisión do Consello relativa á celebración do Acordo en forma de Intercambio de Notas entre a Unión Europea e o Reino de Marrocos sobre a modificación dos Protocolos n.° 1 e n.° 4 do Acordo Euromediterráneo polo que se crea unha Asociación entre as Comunidades Europeas e os seus Estados membros, por unha parte, e o Reino de Marrocos, por outra (0481/2018 – C8-0000/2018– 2018/0256M(NLE))[2]. A votación das mesmas na Comisión INTA está prevista para o vindeiro mes de decembro.

Lídia Senra fai fincapé cas súas achegas, entre outros aspectos, na advertencia de que os intereses políticos, económicos e comerciais nunca poden estar por riba do respecto e a garantía dos dereitos humanos e o dereito internacional, polo que as violacións de dereitos humanos que ocorren tanto no Sáhara Occidental Ocupado como en Marrocos, contraveñen a cláusula de dereitos humanos, que se considera en termos legais como un elemento esencial dos acordos comerciais ratificados por la Unión Europea.

Lembra tamén que a sentenza do TSXUE establece que o pobo saharauí debe ser consultado sobre calquera tipo de acordo aplicado aos seus recursos naturais mais, até o momento, “o pobo Sáhara Occidental non deu consentimento algún para este acordo,  que debe ser expresado ademais a través da súa representante lexítima, a Fronte Polisario, en aplicación de la Resolución 34/37 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas”.

 Poñendo sobre a mesa unha vez máis o fondo significado político que transcende á anulación dos acordos comerciais UE-Marrocos e á resposta que se está a elaborar por parte da UE e Marrocos, a galega asina tamén unha emenda na que critica que o Consello teña posto como condición para a validez dun novo acordo o feito de que beneficie á poboación local, xa que baixo esta pretendida boa intención agóchase unha posición que busca favorecer á monarquía alauí. “A meirande parte da poboación que vive a día de hoxe no territorio son colonos marroquís, a poboación saharauí está minoría. Dende a invasión militar marroquí de 1975 o Reino de Marrocos desprazou centos de milleiros de colonos marroquís ao territorio do Sáhara Occidental co obxectivo deliberado de cambiar a composición demográfica da poboación no territorio. De feito, cabe lembrar que as leis internacionais consideran un crime esta estratexia”.

A este informe que está a elaborar a Comisión de Comercio Internacional do Parlamento Europeo serán achegadas tamén os informes de opinión da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural (AGRI) e da Comisión de Pesca (PECH).

Lídia Senra, coordenadora do GUE/NGL en AGRI e membro suplente de PECH é a deputada responsable por parte do GUE/NGL do seguimento de ámbolos dous informes de opinión, así como dun informe específico no que a Comisión de Agricultura é a competente para o fondo.

 A opinión emitida pola Comisión de Agricultura en relación ao informe da Comisión de Comercio Internacional, e á que a deputada galega presentou 11 emendas, será votada hoxe luns 12 a última hora da tarde, nunha sesión extraordinaria convocada durante o pleno do Parlamento Europeo que está a ter lugar durante esta semana en Estrasburgo.

 

[1] Definicións de términos fundamentais na Colección de Tratados das Nacións Unidas: Definicións de termos fundamentais na Colección de Tratados das Nacións Unidas:  http://www.un.org/es/treaty/untc.shtml#exchange
[2] Texto dispoñíbel neste enlace: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?type=COMPARL&reference=PE-627.726&format=PDF&language=pt&secondRef=02
anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies