AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

A redución e redistribución de escanos como resultado do BREXIT non reforzará o papel do PE

13 Xuño, 2018
  • O Parlamento Europeo aprobou hoxe en sesión plenaria a proposta do Consello de reducir de 751 a 705 o número de deputadas a partir de 2019
  • Senra lamenta que o Consello desperdiciara esta oportunidade para facer unha fonda reforma que dotase ao PE de iniciativa lexislativa

130618_ComposiciónPE2019

Estrasburgo, 13 de xuño de 2018. No marco da sesión plenaria que está a ter lugar durante esta semana en Estrasburgo (Francia), o Parlamento Europeo (PE) vén de aprobar unha recomendación sobre o proxecto de decisión do Consello Europeo que fixa posición ao respecto da composición da Eurocámara para o periodo 2019-2024, marcado pola previsión de conclusión do BREXIT. Esta proposta ten como plantexamento central a redución do número total de escanos, que pasarían de 751 a 705.

A eurodeputada galega do Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), Lídia Senra, votou hoxe en contra desta modificación ao considerar que limitar o número total de representantes da cidadanía no Parlamento Europeo implica “un recorte máis na capacidade de acción das deputadas e deputados que dificulta o traballo dos grupos políticos non maioritarios”.

“Un Parlamento Europeo reducido, ou con limitacións da súa capacidade de iniciativa, non corrixirá o actual déficit democrático nin o distanciamento das clases populares con respecto á acción política europea”, subliñou.

Senra avoga polo establecemento dun número de representantes “axeitado”, que viría dado pola aplicación de “sistemas electorais proporcionais e sen limiares mínimos para acceder ao reparto de escanos”. Deste xeito, argumenta, avanzaríase na consolidación de cámaras “verdadeiramente representativas da poboación e que non creen nesgos que favorezan somentes aos partidos políticos e grupos maioritarios”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies