AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

A política de loita contra os incendios forestais que alimenta a cultura do negocio do lume é nefasta

5 Xullo, 2016 AGEe, incendios forestais, Lidia Senra, lumes, Parlamento Europeo, Seaga
  • Lídia Senra demanda no pleno do Parlamento Europeo a fin da precarización das bombeiras/os en Galiza e que todo o servizo de extinción sexa público 
  • A eurodeputada de AGE considera prioritario determinar que intereses hai detrás dos lumes e esixe medidas que acaben co abandono do rural

Santiago, 5 xullo 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), interveu este luns pola noite nas quendas de minuto libre de palabra do pleno do Parlamento Europeo, en Estrasburgo, para levar á Eurocámara, agora que comeza o verán, a problemática dos incendios forestais.

Durante a súa intervención, a eurodeputada galega advertiu sobre a situación que se vive todos os anos no sur de Europa e, nomeadamente na Galiza, unha vez que chega o verán: Os incendios forestais que estragan miles e miles de hectáreas. “No meu país, a Galiza, estes días asistimos á mobilización do persoal de extinción de incendios da empresa pública Seaga e da Xunta, que denuncian a precarización laboral na que se encontran, con contratos de apenas tres meses no ano”, asegurou Lídia Senra, quen atribuíu esta situación a unha “consecuencia” dunha “política de extinción totalmente nefasta que beneficia á empresa privada e dificulta a loita eficaz contra os incendios ao mesmo tempo que crea unha cultura do negocio do lume”, dixo.

A membro de AGEe avogou por, desde as institucións, actuar en tres niveis. Un: Determinar as causas e os intereses que existen detrás dos incendios provocados. Dous: Políticas activas para acabar co abandono do medio rural e promover a instalación de labregas e labregos e un modelo forestal sustentable. Tres: Todo o servizo de extinción de incendios debe ser público. É necesario acabar coa precarización e a inseguridade do persoal que combate os incendios e tamén dignificar a profesión dos e das bombeiras forestais.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies