AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

A nova PAC reverdeceu o seu vocabulario para disimular a continuidade das políticas agroindustriais que están a destruír o medio rural europeo

2 Abril, 2019

 

  • Senra vota en contra da proposta de Regulamento aprobada pola Comisión de Agricultura que aborda o financiamento económico no marco da PAC
  • Apuntala o modelo agroindustrial na UE, segue pagando a quen ten terras e non a quen as traballa, non fomenta a incorporación agraria

Bruxelas, 02 de Abril de 2019. A Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural vén de aprobar as regras para o Establecemento de normas de axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membro no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC) e financiar o Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

A coordinadora do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) nesta Comisión, Lídia Senra, votou en contra deste Regulamento ao considerar que non so non evoluciona nin se adecúa aos retos actuais, senón que nin tan sequera introduce ningún tipo de modificación que apunte unha mínima vontade de mudar as políticas que teñen levado ao continuo peche de explotacións agrarias non territorio europeo ao longo destes anos. “Este Regulamento é especialmente importante para as labregas e labregos, xa que regula os pagos directos ás persoas agricultoras e as claves para o financiamento de todo o relacionado co desenvolvemento rural. Está claro que en tanto que fixa criterios económicos, é importante para todas as persoas que se adican á actividade agraria, pero de xeito específico para o campesiñado, xa que ao seren o elo máis feble da cadea, a aproximación a  unha perspectiva que fomentase a produción de alimentos en base a pequenas e medianas explotacións con modelos agrarios sostíbeis tería contribuído a frear a súa desaparición e, ao mesmo tempo, facer fronte a dúas das cuestións polas que a UE di estar máis preocupada: o despoboamento do rural e o quecemento global”, explica Senra.

Mostra da transcendencia deste texto é o número de emendas presentadas ao mesmo, 5.253, ás que hai que engadir as 670 presentadas polos seis comités parlamentarios que achegaron a súa opinión ao texto e as 130 negociadas pola poñente como emendas de compromiso.

“O fondo non cambia. So cambian as palabras: agricultor/a activo/a, bioeconomía, economía circular, ecoesquemas…  reverdeceron o vocabulario para vestir as mesmas políticas agroindustriais destrutoras do medio rural europeo, mantendo o apoio á agricultura intensiva, os pagos por hectárea ou a gandaría contaminante como a do modelo COREN na Galiza; non vai ser unha Política Agraria Común máis ecolóxica. Ademais, a nivel de desenvolvemento político esta nova PAC vai ser complicada, porque a UE adoptou unha posición na que estipula cales son os obxectivos a acadar e logo cada Estado vai ter que buscar como chegar .”

Unha das cuestións que máis preocupaba á eurodeputada galega era a definición dun novo concepto, o de “agricultor/a activo/a”, que permanece nunha inxustificada indefinición que permite que persoas que teñen terras pero que realmente non se están adicando á actividade agraria perciban subsidios públicos, como tantas veces se ten denunciado ca Casa de Alba e outros grandes terratenentes no Estado español. É dicir, séguese pagando por hectáreas e non por produción.

Este aspecto vese empeorado inda máis ca modificación aprobada sobre o “capping”, un criterio introducido no ano 2013 que fixa a contía máxima de cartos que se poden recibir a través de pagos directos. Ben, pois se a proposta da Comisión Europea era 60.000€, unha emenda aprobada hoxe pola Comisión de Agricultura do PE ampliou este corte até os 100.000 euros. “Nós tentamos que polo menos se introducira algunha modificación en como se reparten os pagos. Presentamos unha emenda ao Artigo 14, rexeitada, para propor novos tipos de intervención en forma de pagos directos. Cinguímonos a dous aspectos: axuda básica á renda para todas as persoas que traballen na explotación -dentro da cal os Estados deberían establecer un pago de 12.000€ a tanto alzado ás pequenas explotacións-; e pagos por actividade, que se dividirían en (1) unha axuda complementaria por hectárea e produción -con tramos de axuda establecidos polos Estados en función da produción que se trate e do número medio de hectáreas  para esa produción-, (2) axuda de alta montaña e (3) axuda complementaria á renda para novas persoas agricultoras e agricultoras/es xóvenes ”. A deputada do GUE/NGL criticou tamén que malia que “levamos toda a lexislatura falando de que non hai relevo xeracional” á hora de tomar medidas “este informe non cambia nada, se os incentivos que había até o dagora para incorporarse non estaban funcionando, a partires dagora tampouco, porque non se modificou este criterio”.

“Unha política agrícola que non funciona hai que cambiala, non seguir incidindo en repetir o mesmo. Sen embargo o texto aprobado non toca ningún punto clave, o fondo vai seguir sendo o mesmo, non hai un ápice de modificación na estratexia de promoción do modelo agroindustrial ao que lamentábelmente nos ten acostumadas a UE”, criticou Lídia Senra.

 

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies