AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

A nosa solidariedade coas convocantes do acto que ía ter lugar hoxe en Marín sobre Venezuela e que foi suspendido

25 Maio, 2017 Agabo, GUE/NGL, Hugo Chávez, Lidia Senra, Mar de Lumes, Marín, Venezuela
  • Lídia Senra condena a “irresponsabilidade, a imparcialidade e a dobre vara de medir” da Subdelegación do Goberno de Pontevedra 

18238521_449175468760219_8023482163662467415_oSantiago, 25 de maio de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), amosa a súa solidariedade con Mar de Lumes-Comité de Solidariedade Internacionalista e Agabo-Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez, que se viron obrigadas a suspender a charla coloquio sobre a situación actual de Venezuela que organizaran para este xoves pola tarde no Museo Manuel Torres de Marín (Pontevedra), na que ía participar a Cónsul Xeral do Goberno Bolivariano en Vigo, Mónica Sánchez Morles, e o escritor e ministro do Goberno de Hugo Chávez, Farruco Sexto Novás.

As organizacións convocantes decidiron suspender o acto “ante a imposibilidade de garantir a integridade física e moral do público e das persoas convidadas”, despois de ter recibido ameazas por parte de grupos de residentes venezolanos na Galiza e despois de que a Subdelegación do Goberno de Pontevedra autorizara unha concentración pública destes grupos no mesmo lugar e á mesma hora que a charla que estaba previamente convocada.

Lídia Senra condena “a irresponsabilidade, a imparcialidade e a dobre vara de medir da Subdelegación do Goberno de Pontevedra”, lembrando que a fin de semana pasada a mesma Subdelegación prohibiu unha concentración veciñal pacífica que estaba previsto que tivera lugar na Estrada, coincidindo coa Festa do Salmón, para denunciar a contaminación do río Ulla por culpa do mal funcionamento da EDAR. “Prohiben a concentración veciñal pacífica na Estrada, que non ía interferir para nada no desenvolvemento dos actos oficiais, nin ía ocasionar ningún dano nin a persoas nin a bens e, sen embargo, uns días despois autorizan, como é o caso do que está a suceder en Marín, unha concentración sobre Venezuela ás portas dun acto convocado con anterioridade sabendo que aquí efectivamente pode haber interferencias e serios problemas. Aínda así, esta permítena”, valora a eurodeputada. “Entendemos que esta autorización é unha toma de posición clara para obstaculizar a convocatoria da charla e impedir que o público interesado poida coñecer e debater sobre o que está sucedendo realmente en Venezuela”, condena a europarlamentaria.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies