AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

A loita contra as medidas de austeridade e os intereses do Capital, a debate en Compostela

20 Novembro, 2015 alterntivas á crise, austeridade, crise económica, economía feminista

Santiago de Compostela, 20 Novembro 2015. Representantes de organizacións políticas da esquerda europea como o Sinn Féin ou Die Linke alemán, así como investigadoras especializadas en políticas económicas alternativas e no análise das consecuencias sociais das medidas de austeridade, exporán mañá, sábado 21, en Santiago de Compostela as claves de análise da  “ditadura do euro”, así como as estratexias para facerlle fronte aos intereses do Capital.

O evento será na Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos), no marco das xornadas “A Esquerda Europea. Garante dos dereitos das persoas fronte ás políticas de austeridade”[1], organizadas polo Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) -onde Alternativa Galega de Esquerda (AGEe) está integrada a nivel do Parlamento Europeo-, e contarán con Lídia Senra, eurodeputada por AGEe, como anfitrioa do acto.

O obxectivo das xornadas é poñer en debate e someter a análise as políticas económicas que o neoliberalismo está a aplicar coa escusa da crise, debullando o que realmente se agocha detrás das medidas de “austeridade” e poñendo enriba da mesa os eixos que garanten a defensa dos dereitos das persoas por diante dos intereses do Capital.

Esta iniciativa posibilitará poder escoitar na capital galega as teorías de representantes do Sinn Féin irlándés,  do Die Linke alemán, así como o Portavoz Nacional de Anova-IN e Portavoz de AGE no Parlamento Galego, Xosé Manuel Beiras. Tamén intervirán expertas en políticas economía crítica e alternativas económicas como o Doutor en Historia e Membro da Asociación Expai Marx, Joan Tafalla; o profesor de economía Ramón Franquesa e a Doutora en Economía e activista feminista, Yolanda Jubeto.

*Habilitarase na Facultade de Filosofía unha área con servizo de gardería

 

“A Esquerda Europea. Garante dos dereitos das persoas fronte ás políticas de austeridade”

Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2015

 

Programa

10:00h.- Recepción dos/as participantes e apertura das xornadas por Lídia Senra Rodríguez, Deputada no Parlamento Europeo por AGEe e membro do GUE/NGL.

10:30 h.- As políticas de austeridade e a ditadura do euro.

  • Joan Tafalla. Membro da Asociación Expai Marx e da Plataforma Saír do Euro.
  • Daithí Doolan. Concelleiro do Sinn Féin en Dublín (Irlanda).
  • Ramón Franquesa. Profesor de Economía na Universidade de Barcelona.

Introdución e moderación: Antón Sánchez García. Deputado no Parlamento Galego por AGE.

12:00 h.- Descanso

12:30 h.- Presentación do documental “O máis grande éxito do euro”

12.50 h.- Debate

14:00 h.- Fin da xornada de mañá.

16:00 h.- Que propostas dende a esquerda para poñer os dereitos das persoas no centro das políticas da Unión Europea?.

  • Yolanda Jubeto. Doutora en Economía pola Universidade do País Vasco e activista feminista.
  • Fabio De Masi, Deputado no Parlamento Europeo polo Die Linke (Alemania).
  • Yiannis Tolios. Membro do Consello Político de Unidade Popular de Grecia e Director do Centro de Investigación Marxista MAXOME.
  • Joana Mortagua. Deputada do Bloco de Esquerdas en Portugal.
  • Xosé Manuel Beiras. Portavoz Nacional de Anova-IN e Portavoz de AGE no Parlamento Galego.

Introdución e moderación: Lídia Senra Rodríguez.

17:30 h.- Debate.

19:00 h.- Fin da xornada

 

__________

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies