AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

A historia da Europa Decolonial e da Europa dos pobos sen Estado, a análise na Coruña

18 Febreiro, 2016 A Coruña, AGE, AGEe, Anna Gabriel, Begoña Dorronsoro, Boaventura de Sousa Santos, Daniela Ortiz, Dew Baboeram, Europa Decolonial, Europa dos pobos, GUE/NGL, Helena Miguélez-Carballeira, Houria Bouteldja, Jorjo Torres, Lidia Senra, Montse Galcerán, Quim Arrufat, Ramón Grosfoguel, Rocío Fraga, SAT, Xosé Manuel Beiras
  • O Paraninfo da Universidade acolle este venres e sábado unhas xornadas abertas ao público con case unha trintena de ponentes
  • Lídia Senra exercerá de anfitriona neste encontro que pretende establecer pontes políticas comúns entre os pobos oprimidos 

diptico programa portada

Compostela, 18 febreiro 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esqureda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquera Verde Nórdica (GUE/NGL), exercerá mañá e o sábado de anfitrioa nas xornadas “A historia da Europa Decolonial e da Europa dos pobos sen Estado”, unhas xornadas organizadas polo propio GUE/NGL en colaboración con Decoloniality Europe e que durante os dous días reunirán na Coruña a case unha trintena de representantes de diferentes colectivos dos pobos oprimidos de Europa.

As xornadas serán un punto de encontro para establecer pontes políticas comúns entre a Europa dos pobos sen Estado e a Europa dos pobos racializados derivados da historia colonial. O evento aberto a todos os públicos, que comezará este venres ás 18:00 horas e que se prolongará durante toda a xornada do sábado no Paraninfo da Universidade da Coruña, permitirá poder escoitar e intercambiar experiencias con persoas como, ademais da propia Lídia Senra e do voceiro de AGE no Parlamento Galego, Xosé Manuel Beiras, o membro fundador de Europa Decolonial e profesor na Universidade de California en Berkeley Ramón Grosfoguel; os deputados cataláns das CUP Anna Gabriel e Quim Arrufat; a activista e portavoz do Partido dos Indíxenas da República Francesa, Houria Bouteldja ou o profesor portugués Boaventura de Sousa Santos.

Nas xornadas tamén intervirán as concelleiras de Anova en Marín e Vigo, Sandra Pesqueira e Margarita López Barreiro, respectivamente, así como o representante da Relacións Internacionais da Confederación Intersindical Galega (CIG), Moncho Boán; ou por parte do Sindicato Labrego Galego (SLG), Xosé Ramón Cendán. Pola parte galega, nas xornadas tamén estarán presentes membros da Marea Atlántica, e de feito, será o propio alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, quen inaugurará as xornadas xunto con Lídia Senra; ademais da concelleira de Igualdade e Diversidade no Concello da Coruña, Rocío Fraga, que moderará unha das mesas.

Pola parte internacional desprazaranse á Coruña membros de Europa Decolonial como o holandés Dew Baboeram; a artista e activista visual líder do Espazo do Inmigrante no Raval Daniela Ortiz, entre outros. Membros do Sindicato Andaluz de Traballadores (SAT), a concelleira de Madrid Montse Galcerán, ou a galega Helena Miguelez-Carballeira, profesora actualmente na Universidadade de Bangor, en Gales, serán outras das persoas ponentes nas diferentes mesas que conformarán estas xornadas.

Accede a todo o programa en inglés pinchando aquí 

Diptico programa

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies