AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

A favor de que o novo Goberno do Estado español resultante do 26J leve a cabo unha auditoría da débeda

16 Xuño, 2016

A chamada débeda pública ten que deixar de ser un tema tabú. Así o demanda unha campaña posta en marcha pola Plataforma Auditoría Cidadá da Débeda, que ven de lanzar un manifesto en todo o Estado español no que se defende que o novo Goberno resultante das eleccións do 26 de xuño deberá auditar a débeda pública con activa participación da sociedade. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), é unha das cen primeiras persoas que xa asinaron dito manifesto.

en marea cangasen marea cangas 2Senra leva tempo denunciando que a débeda está a condicionar a vida de todas e de todos e que non pode ser que cada nena e neno que nace no Estado teña xa ao lombo máis de 23.000 euros de débeda, unha situación que vai afectar, e moito, á supervivencia dos servizos públicos básicos. Por iso, a eurodeputada defende que calquera posible goberno de esquerdas que poida sair tras o 26J vaino ter moi complicado se non se planta ante a débeda e non ten valentía para determinar que a débeda que é ilexítima, porque foi contraída contra os intereses da maioría social, non se paga.

“Ou poñemos as políticas que prioricen a vida das mulleres e homes por riba do pago da débeda ou imos mal”, dixo Lídia Senra este sábado pasado nun acto electoral organizado en Cangas por En Marea sobre “Como a UE inflúe nas nosas vidas”.

“Ao novo goberno non lle debe tremer o pulso para dicir que non se vai pagar unha débeda que foi contraida contra a sociedade e que é ilexítima. Non se pode ter medo, hai que dicilo así de claro e ser valente e facerlle fronte á UE. Vale máis vivir de pé que de xeonllos toda a vida. Deamos a batalla!“, defendeu Lídia en Cangas, xunto á cabeza de lista de En Marea por Pontevedra, Alexandra Fernández; o politólogo e candidato de En Marea ao Senado, Juan Villarino; e o número 3 da lista en En Marea por Pontevedra, Josué Villar. 

O acto do sábado non foi o primeiro no que Lídia Senra abordou directamente en público o tema da débeda. De feito, AGEe en colaboración co GUE/NGL, a iniciativa da propia Senra, organizaron o pasado mes de maio en Santiago de Compostela unha xornada sobre a Débeda Pública e o impacto do memorando da UE, cuxo vídeo resumo deixamos aquí:

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra e Ekaitz Cancela, nas xornadas hoxe II_2656x1494

Lídia Senra aposta por avanzar no debate social sobre os sistemas económicos alternativos ao capitalismo

6 Abril, 2019
Ekait e Paul

O xornalista Ekaitz Cancela e o científico informático e economista Paul Cockshott, este sábado en Santiago

3 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies