AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

A declaración de “interese especial”, unha estratexia da Xunta para limitar os dereitos sociais e ambientais

7 Febreiro, 2018
  • Lídia Senra está transmitindo á DX de Medioambiente da CE as posíbeis incompatibilidades da Lei de Depredación ca Directiva 2014/52/UE
  • A CE especificou que a Xunta ten que lexislar cumprindo ca normativa comunitaria que mellora os principios de avaliación medioambiental

 Estrasburgo, 07 de Febreiro de 2018. Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), trasladou hoxe á Dirección Xeral de Medioambiente a súa preocupación pola declaración de 18 parques eólicos como “proxectos de interese especial”, publicada onte no DOG.

Esta calificación, realizada grazas á coartada proporcionada pola Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais (Páx. 49578) -máis coñecida como Lei de Depredación da Galiza – é unha argucia que permite favorecer aos xigantes privados do monopolio enerxético -como neste caso, por exemplo, a Gas Natural Fenosa ou Enerfin Grupo Elecnor-, para que a Xunta de Galicia lles dea un trato de preferencia.

Isto concrétase, entre outros privilexios, na redución á metade dos prazos necesarios para a instrución do procedemento da autorización administrativa previa e/ou de construción, sendo especialmente significativa a redución á metade dos prazos de instrución do procedemento de avaliación ambiental, xa que presumibelmente conculca directamente o dereito a consulta e información da cidadanía afectada.

“Resulta intolerábel que a estas alturas do século XXI unha Administración pública como a Xunta de Galicia se gabe de aprobar leis para reducir á metade os prazos de avaliación ambiental argumentando que iso atrae inversores”, condenou a eurodeputada galega. “Está claro entón que o que Feijoo quere son inversores aos que lles interesa actuar en países nos que haxa unha deficiente protección dos dereitos sociais e do medioambiente; é dicir, actuar baixo lexislacións que lles permitan expoliar fácil e rápido os seus recursos naturais, como coa Lei de Depredación do Partido Popular. Logo, cando rematen de aproveitarse, quedaremos a poboación vivindo en comunidades meidoambiental e socialmente desfeitas”.

Dende que a finais de decembro o Comisario de Medioambiente, Karmenu Vella, respostou a unha pregunta parlamentaria de Senra sobre posíbeis incompatibilidades entre a Lei de Depredación e a Directiva 2014/52/UE alertando do feito de que a propia Comisión Europea ten un  procedemento de infracción en curso contra o Estado Español por non ter transposto a directiva no prazo especificado -16 de maio do 2017-, a eurodeputada está a manter contactos ca Comisión Europea a fin de trasladar directamente aqueles aspectos susceptíbeis de incumprir a normativa europea de protección medioambiental que o Partido Popular, tanto no Goberno central como no galego, estase negando a acatar.

Neste caso, Lídia Senra alertou á Dirección Xeral de Medioambiente da CE da aplicación da figura “proxecto de interese especial” como “unha estratexia para saltarse o dereito que teñen as persoas afectadas por estes proxectos a pronunciarse sobre os mesmos, así como á garantía de procesos de avaliación ambientais exhaustivos”.

 

A citada Directiva europea ten entre os seus obxectivos fundamentais a mellora dos principios de avaliación ambiental de proxectos públicos e privados,  co cal a priori semella non ter moita cabida a creación dunha fórmula como a de “proxecto de interese especial”, que vén a ser unha coladeira  para o negocio das eólicas. “Resulta indignante ver como se esforzan para inventar unha figura como a de “proxecto de interese especial” con tal de favorecer os intereses das empresas enerxéticas,  mentras que por outra banda tentan destruír servizos que son obxectivamente de especial interese para a poboación, como a Sanidade pública e o Ensino”.

DOG_Eolicas interese especial-2

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies