AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

A Comisión de Pesca coñecerá a implementación da PPC na Galiza a instancias da eurodeputada de AGEe

22 Marzo, 2016 actividades, cerco, comité de emerxencia da Ría de Ferrol, contaminación, crise de dereitos, estafa financieira, liberalización, liberalización comercial, libre mercado, Lidia Senra, mariñeiros, marisqueo, Organización Mundial do Comercio, pesca, pesca artesanal, políticas públicas, PPC, soberanía alimentaria, sustentabilidade
sector-primario-a-pesca-36-638
Sector Primario, Marisqueo. Autor: Luis Seoane

 

  • Seis eurodeputadas/os integrarán esta delegación que do 29 ao 31 manterá xuntanzas en Vigo, Vilagarcía, Lira, Carnota e Compostela
  • Esta visita foi solicitada pola eurodeputada Lídia Senra debido á preocupación pola perda de postos de traballo no sector pesqueiro

Bruxelas, 22 Marzo 2016. Co obxectivo de afondar no coñecemento da implementación da Política Pesqueira Común (PPC) na Galiza, do martes 29 ao xoves 31 de marzo unha delegación integrada por seis eurodeputados/as da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo (PE) -da cal a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, é suplente para o Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea– desprazarase á Galiza.

Esta delegación foi asumida pola Comisión de Pesca do Parlamento Europeo a instancias de Lídia Senra, quen xa no ano 2014[1] realizou a proposta de levar adiante unha supervisión da aplicación da PPC na Galiza, “á vista da preocupante perda de empregos que está a sufrir o sector pesqueiro galego e dos problemas que para o noso País está a xerar o sistema de reparto de cotas”.

A primeira xornada, MARTES 29, transcorrerá na cidade de VIGO, onde as deputadas/os europeas manterán xuntanzas dende as 16.30hrs.[2] con CONXEMAR -Asociación Española de Maioristas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura-, ARVI -Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo- e ANFACO-CEDOPESCA -Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos-Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca-.

O segundo día, MÉRCORES 30, comezará ás 9.00hrs.[3] cunha reunión con ASOAR-ARMEGA –Asociación de Armadores e Artes Menores de Galicia– e xeiteiros en VILAGARCÍA DE AROUSA, onde tamén manterán encontros con mariscadoras da Ría de Pontevedra e Illa de Arousa, e representantes do Consello Regulador do Mexillón, da Comisión do Mexillón e do INTECMAR -Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia-.

Logo desprazaranse a LIRA, onde durante unha hora visitarán as instalacións da controvertida planta de rodaballo da multinacional de orixe norueguesa Stolt Sea Farm. A continuación visitarán a Reserva Mariña Lira-Carnota “Os Miñarzos”.

Os seis eurodeputados/as darán por finalizada esta delegación o XOVES 31 en SANTIAGO DE COMPOSTELA, onde manterán distintas xuntanzas a partir das 09.15hrs.[4] co Comité Executivo da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, a Comisión Sectorial do Cerco, ACERGA –Asociación de Armadores do Cerco de Galiza- e a Consellaría de Pesca da Xunta de Galicia.

A eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, amosouse satisfeita de que finalmente o Parlamento vaia acudir “a comprobar in situ como un país como o noso, cunha fonda tradición pesqueira, está a loitar non só para manter os postos de traballo do sector, senón tamén para protexer a nosa biodiversidade, valorizar a nosa cultura como pobo pesqueiro e defender o dereito a obter alimentos do mar sans e a través da xente, e non vendendo a nosa costa a cachos ás multinacionais como pretendía facer o Goberno da Xunta ca Lei de Acuicultura que o sector lles obrigou a paralizar”.

Aliás, enfatizou a eurodeputada galega, “xa que a propia UE identifica á Galiza como o principal produtor de mexillón de Europa, por exemplo, e que é consciente de que case o 7% do PIB galego vén da pesca sendo o 80% da nosa flota de pesca artesanal, quixeramos que esta visita serva para sensibilizar máis á Comisión de Pesca para que dunha vez por todas se vexa reflectido no reparto de cotas e outras políticas pesqueiras o xusto recoñecemento que merece Galiza e as nosas xentes do mar neste sector”.

[1] Inicialmente esta delegación estaba prevista do 16 ao 18 de Febreiro de 2015, sendo finalmente adiada até marzo 2016.

[2]As xuntanzas terán lugar na sede de ANFACO, Crta. Colexio Universitario, 16, Vigo.

[3]As xuntanzas de Vilagarcía serán no INTECMAR, Rúa do Peirao, s/n.

[4]O último día as xuntanzas serán na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies