AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

A CE investiga se o proxecto de ampliación do Real Club Náutico de Sanxenxo infrinxe as leis europeas

16 Setembro, 2016 AGEe, Comisión de Peticións, GUE/NGL, Lidia Senra, Parlamento Europeo, Sanxenxo, SOS Panadeira
  • A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo comunica que admite a trámite a denuncia que presentara SOS Panadeira en marzo
  • Lídia Senra valora moi positivamente este paso na loita contra a privatización de espazos públicos como son as praias

240216_xuntanzasospanadeira_2592x1944

Santiago, 16 setembro 2016. A desfeita medioambiental que supón a ampliación do Real Club Náutico de Sanxenxo e a privatización das praias urbanas da Iriña e A Panadeira para intereses do empresario Pedro Campos Calvo Sotelo están no punto de mira da Unión Europea (UE). E é que a  Comisión de Peticións do Parlamento Europeo ven de admitir a trámite a denuncia presentada neste organismo o pasado mes de marzo por SOS Panadeira e ven de anunciar que lle pedirá á Comisión Europea que efectúe unha investigación sobre se no proxecto do Real Club Náutico de Sanxenxo se está a infrinxir a lexislación da Unión Europea (UE), tal e como demandou o colectivo pontevedrés.

O colectivo SOS Panadeira presentou o pasado mes de marzo unha solicitude á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo denunciando que a ampliación do Real Club Naútico de Sanxenxo, vinculado ao empresario Pedro Campos Calvo Sotelo, supón a privatización de dúas praias urbanas, A Iriña e A Panadeira da localidade pontevedresa. SOS Panadeira considera no seu escrito que este proxecto perpetra un “descalabro medioambiental” e incumpre as directivas europeas 2014/55/UE de 16 de abril, 200/29/CEE de 11 de maio e outras referencias mundiais como A Carta da Terra, xa que a execución e modificación dun proxecto privado de ocio e “innecesario”, como é o Real Club Naútico de Sanxenxo, non sería desmontable tal e como reza a obrigatoriedade deste tipo de concesións. Neste sentido, instaban á Comisión de Peticións a posicionarse sobre se ía permitir que fosen violadas as Directivas Europeas mencionadas sen levarse a cabo unha investigación.

Agora, con data de 5 de setembro do 2016, Cecilia Wikström, presidenta da Comisión de Peticións, ven de remitir unha comunicación a SOS Panadeira informando de que a súa petición foi examinada e que o organismo europeo decidiu que os asuntos plantexados cumpren os requisitos de admisión a trámite, por tratarse dun “asunto que incide no ámbito de actividades da UE”. Informa tamén de que a Comisión de Peticións iniciou xa o exame da solicitude e decidiu “pedirlle á Comisión Europea que leve a cabo unha investigación preliminar sobre os diferentes aspectos do problema”, proseguindo o exame da denuncia.

Desde Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), a eurodeputada Lídia Senra está a acompañar a SOS Panadeira en todo o procedemento desde o inicio. En efecto, foi ela quen convidou a cinco representantes de SOS Panadeira a acudir ao Parlamento Europeo, a Bruxelas, o pasado mes de febreiro, para trasladar a situación que está a vivir a veciñanza de Sanxenxo en relación á ampliación do Real Club Náutico. Lídia Senra valora como “moi positiva” a admisión a trámite da denuncia na Comisión de Peticións e asegura que se trata dun “paso máis” na loita contra a privatización de espazos públicos xa que, de non pararse a desfeita, “é moi posible que A Iriña e A Panadeira se convertan nas primeiras praias privatizadas de toda Europa”, como insiste o colectivo denunciante.

A eurodeputada tamén rexistrara no pasado mes de febreiro unha pregunta parlamentaria para poñer en coñecemento da CE a situación que agora será investigada.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies