AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

A CE admite, interpelada por AGEe, que a liberalización abocou ao sector lácteo a unha situación “moi difícil”

22 Febreiro, 2016 acordos comerciais, actividades, AGE, AGEe, agricultura, benestar animal, bruxelas, Comisión Europea, contaminación, crise agrícola europea, economía rural, emerxencia social, estafa bancaria, estafa financieira, leite, liberalización, liberalización comercial, liberalización sector lácteo, libre mercado, Lidia Senra, OMC, Organización Mundial do Comercio, PAC, políticas públicas, SLG, soberanía alimentaria, sustentabilidade

 310315Cuotasleireiras

  • O Comisario Hogan asúmeo na resposta a unha comunicación dirixida por AGEe con motivo do cese de recollidas imposto por Leche Celta
  • A baixa demanda e o incremento da produción provocado pola liberalización, comezan a ser asumidos como problemáticos pola UE

Bruxelas, 22 Febreiro 2016. O pasado 28 de xaneiro a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, púxose en contacto directo co Comisario de Agricultura Phil Hogan a través dun correo electrónico no que lle trasladaba a súa preocupación diante do anuncio realizado neses mesmos días pola industria Leche Celta en relación ao cese de recollida en 50 explotacións da provincia de Lugo a partir de febreiro.

Na resposta remitida, Hogan recoñécelle a Senra que na actualidade o sector leiteiro europeo está a padecer “condicións difíciles” -“especialmente difíciles” para os produtores/as do Estado español-  debido ao “incremento substancial da produción láctea en todo o mundo, unida a unha demanda global debilitada”.

É dicir, o Comisario asume as predicións das consecuencias negativas para o sector froito da liberalización total do mercado logo da finalización do sistema de cotas, avanzadas e reiteradas tanto pola eurodeputada Lídia Senra[1] como por numerosas representantes do sector convidadas por AGEe a Bruxelas durante todo o ano 2015, entre as que destacaron a Secretaria Xeral do SLG, Isabel Vilalba, durante a súa participación na audiencia pública “O paquete lácteo e as perspectivas para o sector leiteiro” convocada pola Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo, así como o seminario europeo organizado pola deputada de AGEe o pasado mes de setembro baixo o título “O impacto da liberalización do sector lácteo en Europa: que futuro?“, ao que acudiron representantes do sector leiteiro a nivel europeo e global.

Porén, no actual escenario de ausencia de controis públicos á produción, a Comisión Europea desbota nesta resposta asumir a súa fundamental responsabilidade na xeración deste contexto salvaxe, e limítase a enunciar que “o obxectivo non é producir tanto como se poida, senón tanto para o que haxa mercado”, obviando tamén por completo unha cuestión totalmente básica, como é o feito de que os baixos prezos do leite impostos polas industrias obrigan ás explotacións leiteiras a tentar vender o maior número de litros posíbeis a fin de poder facer fronte aos custos de produción e aspirar a remunerar o seu propio traballo.

Aliás, resulta indignante que, ao máis puro estilo da teoría económica capitalista clásica que lle ten fe a unha “man invísibel” que manexa os mercados[2], a Comisión Europea propón nesta resposta a AGEe que os produtores/as e outros operadores “segan as sinais do mercado”. Un mercado, lembremos, carente de control público e, a día de hoxe, estruturado en torno as dinámicas especulativas, máis pendentes da cotización do leite que das coherencia e calidade das estratexias produtivas.

Finalmente, Hogan propón á eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, que “chame a atención das autoridades españolas, dado que o Ministerio de Agricultura é o gardián dos acordos lácteos que inclúen, entre outros, un compromiso sobre a recollida de leite”.

Lídia Senra reivindicou hoxe dende Bruxelas que as gandeiras e gandeiros, para poder vivir da súa actividade profesional, “non só precisan garantía de recollida, se non tamén a fixación dun prezo por litro que cubra custos de produción e remunere o seu traballo”. A eurodeputada galega criticou asemade a actitude da Ministra de agricultura, Isabel García Tejerina, quen “no só eludiu sentarse a negociar cas gandeiras e gandeiros, senón que deu mostra dunha total irresponsabilidade ao non estar tendo a mínima capacidade de reacción ante situacións como o cese de recollida de Leche Celta”. Senra foi tamén moi dura contra o goberno da Xunta, tildándoo de “incapaz” e acusándoo dunha “total deixadez” que está a implicar “o completo abandono dun dos sectores produtivos máis importantes do noso país”.

A eurodeputada de AGEe reiterou novamente que a única posibilidade de acadar un escenario comercial que non abafe ás explotacións galegas é “a través do establecemento dunha política pública con instrumentos de regulación da produción e os mercados”.

 

 

[1]Compilación dos principais posicionamentos públicos de AGEe en demanda do control público da produción e mercado lácteos: Lídia Senra sobre a revisión do paquete lácteo na Comisión de Agricultura (5 de Novembro 2014); Apoio mobilización do sector leiteiro en Bruxelas fronte ao fin do sistema de cotas (31 de Marzo 2015); Senra denuncia o abandono do sector leiteiro por parte do PP e o PSOE (6 de Maio 2015); Lídia Senra denuncia a “destrucción” da capacidade de negociación colectiva das labregas e labregos (9 de Xuño 2015); Fracaso do “Paquete lácteo” (7 de Xullo 2015); Lidia Senra: “Non hai solución de futuro que non pase por voltar á política leiteira pública” (15 de Setembro); Lídia Senra: “Sen prezo e sen control da produción non hai futuro para o sector leiteiro” (23 de Setembro 2015); Denunciamos ante a Comisión Europea a xustificación da CNMC no abuso de poder no sector leiteiro (24 de Setembro 2015); Lídia Senra esixe a posta en marcha de medidas que reforcen o poder negociador do sector produtor (12 de Novembro 2015).

[2]Teoría do economista Adam Smith introducida a través da obra The Theory of Moral Sentiments (1759), e popularizada con An Inquiry into the Nature and Causes of the Wealth of Nations (1776).

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies