AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra esixe á CE non volver chantaxear máis a ningún pobo cos Fondos Estruturais e de Investimento

30 Agosto, 2016 AGEe, Fondos Estruturais e de Investimento Europeos, GUE/NGL, Lidia Senra
  • A eurodeputada de AGEe interviu na primeira reunión da Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo tras a volta das vacacións estivais 
  • Reclama ás institucións europeas priorizar a loita contra o desemprego, a pobreza e a exclusión social, non a imposición de políticas de axuste

Santiago, 30 agosto 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), interviu este martes pola mañá en Bruxelas na que foi a primeira reunión da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo despois das vacacións do verán. Senra pediu quenda de palabra para, no debate sobre “Investir en crecemento e emprego. Maximizar a contribución dos Fondos Estruturais e de Investimento Europeo”, lanzar un chamamento antes de que case comezase o debate. “Estou de acordo en que este é un debate moi importante que hai que dar e no que nós por suposto tamén imos aportar na medida das nosas posibilidades”, dixo, “pero antes de nada gustaría propoñer que un dos primeiros puntos que deberiamos incluír neste debate é que baixo ningún concepto a comisión poida usar os Fondos Estruturais e de Investimento como chantaxe aos Estados”.

A eurodeputada galega fixo mención na súa intervención en Bruxelas á situación vivida un mes, cando “coñecemos que a Comisión Europea ameaza a Portugal e ao Estado español con suspender os Fondos de Investimento e Estruturais se estes Estados non cumpren cos obxectivos impostos de axuste orzamentario e sen ter en absoluto ningunha consideración sobre cal é a situación de crise que os nosos pobos están atravesando e como está a impactar a crise no desemprego, no medio rural, no aumento da pobreza e da exclusión social”, defendeu. Ante esta situación, Lídia Senra fixo un “chamamento” a todas as eurodeputadas e eurodeputados para que “teñamos a capacidade e a valentía de dicirlle á Comisión que non xogue, que non ameace e que non chantaxee aos pobos de Europa”.

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies