AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra alerta á Comisión Europea da vulneración legal implícita na autorización de Reganosa forzada polo PP

14 Xullo, 2016 Comisión Europea, comité de emerxencia da Ría de Ferrol, dereitos humanos, emerxencia social, Parlamento Europeo, políticas públicas, sustentabilidade
  • Denunciamos na CE que o PP teima en favorecer unha instalación perigosa para a poboación declarada “ilegal” até en 2 ocasións polo TS
  • Apuntamos a urxencia de reverter esta aprobación, por carecer de avaliación de impacto e non ter sido sometida a consulta pública

Bruxelas, 14 Xullo2016. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, rexistrou no día de hoxe dúas preguntas parlamentarias dirixidas á Comisión Europea (CE)[1], empregando para unha delas a posibilidade de rexistrala pola vía de urxencia -permitida unicamente unha vez ao mes-, denunciando a través destas comunicacións a escandalosa complicidade do Partido Popular (PP), a través da Xunta de Galicia e o Goberno do Estado en funcións, ca planta de gas licuado Reganosa, da que o seu principal accionista é o Grupo Tojeiro (50,69 % das accións), seguido pola propia Xunta de Galicia (24,31 % das accións)[2].

A través da pregunta rexistrada pola vía ordinaria puxemos en coñecemento da Comisión Europea o feito de que, malia que o Tribunal Supremo do Estado Español anulou as resolucións da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do 3 de xuño de 2002 -instalación da planta- e 13 de febreiro de 2004 -proxecto de execución- relativas a Reganosa[3], o Consello de Ministros en funcións -dominado polo Partido Popular- acordou no mes de maio excluír do trámite de avaliación de impacto ambiental os proxectos da planta de recepción, almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL), apenas tres meses despois de que o Goberno da Xunta de Galicia, tamén controlado polo Partido Popular, desembolsara 8,9 millóns de euros converténdose no segundo accionista desta empresa.

Ademais, para poder eludir cumprir as sentencias do Tribunal Supremo, o Consello de Ministros alegou a suposta aplicación do Artigo 8.3 da Lei 21/2013, de 9 de decembro de Avaliación Ambiental. Sen embargo, este Artigo indica precisamente que so proxectos declarados de especial interese para a seguridade pública poden ficar exentos de avaliación ambiental, o cal resulta totalmente contraditorio na súa aplicación a unha instalación como Reganosa, que constitúe en si mesma un atentado contra a seguridade pública ao estar neglixentemente ubicada a menos de 200m do centro urbano de Mehá, a 800m dun arsenal militar, a 900m do núcleo de Mugardos e xunto ao complexo petroquímico de Forestal do Atlántico.

Por outra banda, esta tramitación de urxencia que derivou na Resolución da Dirección Xeral de Minas do 7 de xullo (BOE 9 de xullo de 2016), pola que se concede autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións da pranta feita polo Goberno en funcións, non foi sometida a consulta, tal e como establece a Directiva 2012/18 UE do Parlamento e do Consello de 4 de xullo de 2012, polo que preguntamos directamente a Comisión Europea que mecanismos pensa adoptar para reverter esta situación.

Asemade, queremos concretar a través destas pregunta se o Goberno español informou á Comisión previamente á concesión desta autorización, tal e como establece o Art 2.4 da Directiva 2011/92 e, no seu caso, en que data concreta e a través de que documentación.

 

PreguntaEscrita_Ausencia de avaliación medioambiental Reganosa-page-001PreguntaEscrita_Reversión autorización Reganosa-page-001

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

[1] Adxuntas. Outras preguntas parlamentarias rexistradas por AGEe en relación a pranta de gas licuado Reganosa: Ampliação da fábrica de Reganosa em Ferrolterra (Setembro 2015), Re-autorização da planta de Reganosa sem autorização ambiental (Xuño 2016).

[2] Información dispoñíbel: http://www.reganosa.com/gl/accionistas

[3] Sentencia Número 695/2016, do 28 de marzo de 2016 e Sentencia Número 889/2016, do 25 de abril de 2016.

 

Imaxe: tercerainformación.es

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies