AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

O PP vendeu fume para gañar as eleccións, coa complicidade da CE, que agora chantaxea coa sanción

7 Xullo, 2016 AGEe, déficit, Lidia Senra, Unión Europea
  • Lídia Senra esíxelle a De Guindos e tamén a Feijóo que actúen con transparencia e expliquen os recortes previstos en pensións, sanidade e educación 
  • A eurodeputada participou nun acto diante do Parlamento Europeo para esixir que se anule a multa ao Estado español e a Portugal

 Lidia e grupo GUE Non a chantaxe_2592x1610

Santiago, 7 xullo 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), acusou este xoves ao Partido Popular de “vender fume  coa complicidade da Comisión Europea para gañar as eleccións e poder así seguir aplicando as políticas de austeridade en favor dos mercados e do gran capital”. Senra reacciona así ante a decisión do Colexio de Comisarios, que hoxe adoptou o ditame negativo sobre as medidas tomadas polo Goberno do Estado español para cumprir os obxectivos de déficit pactados coa UE, o que activa o proceso que pode derivar nunha multa ao Estado español con ata 2.000 millóns de euros e a conxelación de parte dos fondos comunitarios que lle corresponden.

A Comisión Europea sostén que España se desviou no obxectivo de déficit en 2014 nunha décima (5,9% fronte ao 5,8% pactado) e en 2015 –ano electoral- nun punto (5,1% fronte ao 4,2% pactado) e incide en que “as medidas de saneamento do sistema de pensións e as administracións públicas” adoptadas no Estado español, “non teñen sido suficientes para compensar as medidas expansivas”.

“O PP vendeu fume para poder gañar as eleccións e ten actuado irresponsablemente reducindo ao límite os impostos aos máis ricos e aumentando os impostos indirectos, transformando os desmáns da banca en débeda pública, lexislando para facilitar a elusión fiscal, non perseguindo os paraísos fiscais, e mesmo con implicacións en casos de corrupción”, dixo a eurodeputada de AGE.

“Se finalmente a dereita segue a gobernar no Estado español aumentará os impostos indirectos, que son os que afectan ás clases populares, e continuará co austericidio e a política de recortes de servizos públicos de cara a cumprir o que esixe Bruxelas”, denunciou Lídia Senra.

Neste sentido, reclámalle ao Ministro de Economía en funcións, Luis de Guindos, quen se amosaba esta semana convencido de que a UE non vai multar ao Estado español, que antes de que os parlamentarios e parlamentarias voten na sesión de investidura do novo Goberno –o pobo xa o fixemos o 26 de xuño nas eleccións-, nos diga a todas e todos que vai facer o PP para cumprir co esixido por Bruxelas. Que explique exactamente o que vai supoñer aplicar os compromisos do memorando tanto en recortes en sanidade, educación, salarios, funcionarios e funcionarias e quen sabe se finalmente, nas pensións tamén, para dunha vez por todas acadar os obxectivos neoliberais de privatizar as pensións mediante a contratación privada de plans de pensións e tamén en canto a reformas (laboral, administración,…).

Desde AGEe esixímoslle á CE que non se aplique a sanción por incumprimento de déficit ao Estado español e a Portugal e que permita unha marxe de manobra orzamentaria que posibilite manter os servizos públicos e facer políticas activas de creación de emprego e calidade. Ao mesmo tempo, reclamámoslle ao Goberno español que volva reverter a situación e que empece a cobrarlle aos bancos e ás grandes empresas a débeda pública da que son responsables, incluíndo intereses.

Tamén lle demandamos claridade ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e que deixe de dicir que isto non vai con Galiza e de enganar á cidadanía nas vésperas das eleccións galegas previstas para este outono.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies