AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Cuestionamos o financiamento público europeo da planta de Reganosa en Ferrol

25 Setembro, 2015 Comisión Europea, comité de emerxencia da Ría de Ferrol, contaminación, emerxencia social, preguntas parlamentarias, preguntas parlamentarias escritas, reganosa, sustentabilidade

 

  • Alternativa Galega de Esquerda en Europa vén de rexistrar unha pregunta parlamentaria dirixida á Comisión Europea
  • Unha explosión en Reganosa superaría en 85.000 veces a potencia da explosión máis forte rexistrada en Tianjin no mes de agosto

 Bruxelas, 25 Setembro 2015. O pasado mes de agosto producíronse na área portuaria da cidade china  de Tianjin dúas grandes explosións que tiveron como consecuencia o falecemento de 50 persoas e 700 feridas.

Como sinala o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, este feito deberíanos facer reflexionar sobre os riscos derivados da planta de gas que Reganosa ten instalada en Ferrolterra, unha instalación que, ademais, foi declarada ilegal polo Tribunal Supremo no ano 2012.

No día de onte, a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, rexistrou unha pregunta parlamentaria[1] dirixida á Comisión Europea poñéndoa en coñecemento da indignantemente neglixente ubicación desta planta, -localizada a menos de 200m do centro urbano de Meha, a 800m do arsenal militar, a 900m do núcleo de Mugardos, e xunto ao complexo petroquímico de Forestal do Atlántico-. Unha instalación que actualmente almacena perto de 300.000m³ de combustíbel e produtos químicos, “superando en 85.000 veces a potencia da explosión máis forte das acontecidas en Tianjin”.

Malia esta obxectiva perigosidade para a poboación, que en numerosas ocasións ten visibilizado a súa oposición a Reganosa, nomeadamente tentando impedir a entrada de gaseiros na ría, “estase promovendo a súa ampliación co apoio do Goberno da Xunta”, denuncia Senra diante da Comisión.

Dado que parte desta ampliación sería realizada con financiamento europeo, a eurodeputada galega solicitou saber se a Comisión é coñecedora de que estaría “financiando e lexitimando” as actividades de buques transportadores de Gas Natural Liquado (GNL) na Ría, “aumentando as operacións con GNL na Ría e da actividade dunha fábrica de gas que ameaza a poboación da comarca de Ferrolterra”.

“Dende Alternativa Galega de Esquerda témolo claro: PLANTA DE GAS, FÓRA DA RÍA!”, sentenciou Senra, “e dende os espazos políticos onde estamos presentes faremos todo o que estea nas nosas mans para denunciar a grave ameaza baixo a que vive a cidadanía de Ferrolterra, así como a connivencia política que permite que, malia ter sido declarada ilegal no ano 2012, non só se estea barallando a súa ampliación, se non que para poñer inda en máis risco as nosas vidas, van gastar orzamento público. Resulta perverso que, nunha situación de emerxencia social como a que estamos a vivir, a Xunta prefira gastar cartos en reforzar unha industria lesiva para o medioambiente e perigosa para a cidadanía, en lugar de afrontar as necesidades que están abafando á poboación, unha situación da que a comarca de Ferrolterra, lamentábelmente, é claro exemplo.”

 

1] Adxunta

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies