AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

“A Nova Alianza é unha manobra neocolonial para seguir utilizando África como despensa dos ricos”

7 Xuño, 2016 crise de dereitos, dereitos humanos, economía rural, emerxencia social, liberalización sector lácteo, libre mercado, Lidia Senra, Organización Mundial do Comercio, pesca, pesca artesanal, políticas públicas, soberanía alimentaria, sustentabilidade, transxénicos

 

  • O Parlamento Europeo aprobou hoxe un informe criticando a Nova Alianza para a Seguridade Alimentaria e a Nutrición ideada polo G8
  • Transnacionais como Monsanto, Syngenta, Cargill ou Yara agóchanse tras este macroproxecto público-privado ca complicidade dos gobernos

 

Estrasburgo, 07 Xuño 2016. A denominada Nova Alianza Nutricional para África[1] é unha iniciativa lanzada no ano 2012 polo presidente estadounidense Barack Obama, identificada como unha asociación entre países do G8, gobernos africanos e principais empresas agroindustriais como Monsanto, Syngenta, Cargill ou Yara.

Tras o debate que tivo lugar onte en sesión plenaria do Parlamento Europeo en Estrasburgo, hoxe procedeuse á votación dun informe de posición ao respecto.

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, titular para o Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL) na Asamblea Paritaria UE-África, Caribe, Pacífico, valorou hoxe positivamente a aprobación dun documento “que deixa ben claro que as sinaladas como colaboracións público privadas están destinadas a garantir posicións dominantes para as grandes empresas, neste caso as agroindustriais”.

“É tamén relevante que o Parlamento Europeo teña asumido hoxe as graves consecuencias que os programas de axuste estrutural impostos polo Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional nos anos 80 provocaron nos países empobrecidos”, valorou Senra. Aliás, o informe chama a atención sobre a necesidade de promover a promoción da produción alimentar dirixida ao consumo interno, e tentar eludir o desvío da produción agrícola cara os mercados internacionais, extremadamente volátiles.

“A Nova Alianza para a Seguridade Alimentaria e a Nutrición é unha das maiores manobras neocoloniais destes últimos anos”, identificou a eurodeputada galega, “e en lugar de rematar ca fame o que busca é seguir afondando na inhumana consideración de que o continente africano é unha mera despensa de recursos para os países enriquecidos”.

 

 

 

[1]Trátase dunha una colaboración público-privada (CPP) de gran envergadura. Participan nela membros do G-8, a Unión Africana (UA), a Nova Alianza para o Desenvolvemento de África (NEPAD), os Gobernos de Burkina Faso, Benín, Costa de Marfil, Etiopía, Ghana, Malaui, Mozambique, Nixeria, Senegal e Tanzania, así como empresas locais e internacionais. Cada país africano participante aprobou un marco de cooperación nacional (MCN) no que se comprometeu a facer as reformas lexislativas que sexan pertinentes para aplicar este modelo de esquilmamento de recursos. As 180 empresas involucradas neste negocio van inverter 8.000 millóns de dólares -só a Monsanto tivo xa un beneficio de 1.480 millóns de dólares no ano 2013-. Dúas das 180 empresas partícipes deste negocio destacan por ocupar un papel principal na produción agroindustrial: a empresa suíza de sementes Syngenta e a norueguesa Yara International, centrada nos abonos nitroxenados empregados neste modelo, principais causantes do cambio climático .

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies