AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Denunciamos na UE o incumprimento do Goberno en funcións da sentenza do TS sobre Reganosa

3 Xuño, 2016 AGEe, Comisión Europea, comité de emerxencia da Ría de Ferrol, contaminación, dereitos humanos, emerxencia social, Lidia Senra, mariñeiros, marisqueo, políticas públicas

 

reganosa_ferrol
Ubicación da planta de gas licuado Reganosa e distancias a núcleos habitados.
  • Solicitamos valoración da CE en relación á capacidade do Goberno en funcións para contradicir a sentenza do TS relativa a Reganosa
  • Subliñamos tamén as contradicións da propia Comisión ao argumentar non ter probas de incumprimento da lexislación medioambiental

Bruxelas, 03 Xuño 2016. Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) vén de rexistrar a través da eurodeputada Lídia Senra unha pregunta parlamentaria dirixida á Comisión Europea co obxectivo de poñer en coñecemento da Unión Europea “a intolerábel desfachatez ca que o Goberno en funcións do PP está a xogar ca vida das persoas que habitan en Ferrolterra e a súa contorna”.

A planta de gas natural licuado de Reganosa (Mugardos, Ferrolterra) caracterízase por estar situada nunha ubicación que fai gala dunha neglixencia paradigmática: a menos de 200m do centro urbano de Meha, a 800m dun arsenal militar, a 900m do núcleo de Mugardos e xunto ao complexo petroquímico de Forestal do Atlántico.

Actualmente Reganosa almacena preto de 300.000m³ de combustíbel e produtos químicos. Segundo datos achegados polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, se houbera algún accidente, este superaría en 85.000 veces a potencia da explosión máis forte das acontecidas en Tianjin (China) en agosto do ano pasado.

Finalmente o propio Tribunal Supreno confirmou a anulación da autorización administrativa desta planta química o pasado mes de abril, mais o Goberno en funcións decidiu fai uns días permitir a súa continuidade excluíndo a avaliación de impacto ambiental. “Que tipo de intereses pode ter o PP para non dubidar mesmo en saltarse unha sentenza xudicial con tal de manter en funcionamento esta perigosísima instalación?”, reflexiona Senra.

Para concretar ademais até que punto é posíbel que un Consello de Ministros/as en funcións tome unha decisión deste calado, preguntamos directamente á Comisión se considera que este Goberno está autorizado para tal pronunciamento, ao tempo solicitamos a súa valoración sobre o posíbel incumprimento da Directiva 2011/92/UE, relativa á avaliación dos efectos de determinados proxectos públicos e privados no medioambiente.

Aliás, a través da pregunta rexistrada queremos tamén subliñar o propio desleixo da Comisión Europea, quen en resposta a preguntas anteriores sobre as condicións de seguranza (E-013096/2015, E-007654/2014 ou E-007886/2013), afirmaba non ter probas de que a construcción e funcionamento desta planta infrinxira a lexislación ambiental da Unión Europea, como así estaba sendo denunciado reiteradamente por organizacións sociais. “Tan só uns meses máis tarde da última pregunta rexistrada por AGEe ao respecto, esta alarma diante dun potencial risco para a cidadanía foi finalmente confirmada polo Tribunal Supremo. Deberíalles caer a cara de vergoña”, criticou con dureza a eurodeputada galega.

Cómpre lembrar que esta manida estratexia da Comisión, na que pretende facer valer a ignorancia como argumento nas respostas ás preguntas parlamentarias, foi tamén criticada directamente por AGEe nunha pregunta parlamentaria específicamente centrada nesta eiva por parte das institucións europeas.

 

*Imaxe portada: abordaxe.wordpress.com

 

PE Scan Re-autorização da planta de Reganosa sem autorização ambiental 02-06-2016-page-001

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies