AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra: “Sen prezo e sen control da produción non hai futuro para o sector leiteiro”

23 Setembro, 2015 agricultura, crise agrícola europea, economía rural, leite, liberalización sector lácteo, Lidia Senra, PAC
  • Presumíbelmente, hoxe algunhas das partes asinarán un acordo en Madrid malia que non recolle as demandas do sector leiteiro galego
  • Cómpre a fixación de instrumentos que garantan un prezo remunerador e que establezan o regulamento da produción

 

Bruxelas, 23 Setembro 2015. Hoxe escenifícase en Madrid, unha vez máis, un peche en falso da situación de inestabilidade na que a liberalización total do sector leiteiro, derivado do fin de sistema de cotas, ten sumido ao sector leiteiro galego.

Esta proposta de acordo “xurde xa eivada dende un primeiro momento”, valora a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGEe), Lídia Senra, posto que o texto non recolle “demandas fundamentais como a fixación de instrumentos que garantan un prezo remunerador, que cubra custos e traballo”.

Aliás, a proposta do Ministerio de Agricultura novamente carece de responsabilidade e implicación institucional, ao non plantexar a implementación de políticas públicas para o sector que conleven a regulación da produción, un control necesario para que o exceso produtivo non arrastre os prezos á baixa. “Sen regulación da produción non hai futuro”, sentenciou a eurodeputada galega hoxe dende Bruxelas.

Para Senra, “aínda avanzando na aplicación dun modelo de redución de custos produtivos”, por exemplo reorientando a produción en base á terra minimizando a dependencia dos pensos, “se non existe a garantía dun prezo mínimo e un control e regulamento da produción, os produtores e produtoras seguirán percibindo prezos baixos, que é o que acontece cando un produto está fundamentalmente orientado á exportación.”

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies