AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Xornada “A problemática da contaminación do medio mariño nas pescas e o marisqueo da UE”

27 Maio, 2016 acordos comerciais, actividades, AGEe, Comisión Europea, comité de emerxencia da Ría de Ferrol, crise agrícola europea, dereitos humanos, Lidia Senra, mariñeiros, marisqueo, Organización Mundial do Comercio, pesca, pesca artesanal, políticas públicas, soberanía alimentaria, sustentabilidade

portada_FB_CONTAMINACIÓN

 

  • Xornada de análise e debate sobre a situación do medio mariño convocada polo GUE/NGL e coordenada por AGEe o vindeiro sábado 4
  • Na fin de semana do Día Mundial do Medioambiente, máis dunha decena de poñentes analizarán en Ferrol a situación na Galiza e UE

Compostela, 27 Maio 2016. O vindeiro sábado 4 de xuño, coincidindo nesa fin de semana ca conmemoración do Día do Medio Ambiente, o Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) levará adiante a través de Alternativa Galega de Esquerda en Europa a xornada A problemática da contaminación do medio mariño nas pescas e o marisqueo da UE, que terá lugar no Centro Cultural Carvalho Calero (Ferrol) de 10.00a 19.30hrs.

Tras a chegada e recepción de participantes [10.00hrs.], a eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, e a Concelleira de Medio Ambiente e Sanidade de Ferrol, María Esther Leira Penabad, procederán á introdución e apertura desta xornada [10.15hrs.] que procurará “poñer de relevo unha visión holística do medio mariño na que teñamos en conta non só a importancia da súa dimensión produtiva, senón tamén a correspondencia existente entre a propia calidade das augas e a nosa saúde, ou as claves do significado xeopolítico que cada vez máis están adquirindo os recursos hídricos a nivel global, sen perder de vista ademais o compoñente identitario que o mar, as rías, os ríos e mesmo os océanos teñen para o pobo galego “, expuxo Senra.

A eurodeoputada de AGEe é suplente para o Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nordica (GUE/NGL) na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, xa que “dende o inicio asumimos que loita a prol do noso medio mariño tiña que ser unha das principais estratexias de traballo de Alternativa Galega de Esquerda en Europa”. Ente outras accións, no mes de novembro do ano pasado levamos adiante en Cangas a xornada “As pescas e a acuicultura na Galiza no contexto da Política Pesqueira Común (PPC): retos e propostas de futuro”, en decembro achegamos a Bruxelas unha delegación de colectivos que loitan contra a contaminación das rías e ríos e trasladaron as súas denuncias directamente á Comisión Europea, intervimos en sesión plenaria para denunciar a situación do cerco, pelexamos a exclusión dos TACs da pesca artesanal, impulsamos a visita dunha delegación da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo a Galiza no mes de mazal deste ano, e levamos rexistradas distintas preguntas parlamentarias[1] en relación ao medio mariño.

Aliás, este encontro o vindeiro sábado 4 en Ferrol para abordar en común a contaminación das augas será tamén un rico espazo no que analizar algunhas conclusións do Informe anual sobre as aguas de baño realizado pola Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA) e a Comisión Europea e publicado esta mesma semana. A través deste estudo, que revela que das 29 praias con calidade “pobre” que hai no Estado 23 atópanse na Galiza, “a propia UE corrobora a preocupación expresada en múltiples ocasións polas organizacións sociais, pesqueiras e ecoloxistas en relación á calidade das nosas augas”, salientou Lídia Senra.

Daremos inicio a esta xornada a través do Xefe da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, Guillermo Díaz Agras, e do Presidente da Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (ASOAR-ARMEGA), José Luís Rodríguez, quen plantexarán primeiramente unha RADIOGRAFÍA XERAL DA SITUACIÓN MEDIOAMBIENTAL DO NOSO MAR [10.30hrs]. Lucía Vizoso, membro da Asociación Cultural Fuco Buxán e da Marea Ártabra, moderará este primeiro espazo introdutorio.

Tras un pequeno descanso ás 12.00hrs., retomaremos a quenda de mañá afondando na situación concreta do litoral a través da mesa A CONTAMINACIÓN DAS RÍAS GALEGAS E AS ACTUACIÓNS DAS INSTITUCIÓNS DA UE [12.30hrs.], que será desenvolvida polo Coordenador do Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol e membro da Asociación Cultural Fuco Buxán, Manuel Rodríguez Carballeira; o Presidente da Asociación polo Saneamento da Ría de Pontevedra, Andrés Ruano e o Presidente da Plataforma en Defensa do Mar da Comarca Muros-Noia (Plademar), Estebo Ameneiro. A Vicepatroa da Confraría de San Telmo de Pontevedra, Marina Buceta, será a responsábel de coordenar este panel, ao que seguirá un espazo de debate.

A quenda de tarde desta xornada estará centrada en extrapolar a situación do medio mariño a nivel europeo e estatal. A ECONOMÍA AZUL NO CONTEXTO DA POLÍTICA DA UNIÓN EUROPEA E MUNDIAL E A SÚA REPERCUSIÓN PARA O SECTOR PESQUEIRO EN GALIZA [16.00hrs.] abondará na problemática da acaparación de recursos hídricos pra a súa explotación en clave multimensional[2] -pesqueira, mineira, enerxética, farmacéutica, biotecnolóxica, turística…-, unha estratexia de capitalización dos recursos naturais que está a ocupar un papel diferenciado no presente mandato da Comisión Europea baixo a preocupante denominación Crecemento Azul. A eurodeputada de AGEe, Lídia Senra; o voceiro de Pesca por AGE no Paralmento Galego, Juan Manuel Fajardo e o Doutor en Xeoloxía e Impulsor do proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal, Francisco Canosa Martínez serán as responsábeis de desenvolver este punto . O Concelleiro de Medio Ambiente de Narón, Manuel Antonio Ramos Rodríguez, moderará e dará paso ao debate.

Tras un descanso de media hora [17.30hrs], avanzaremos na conclusión desta xornada a través dunha espazo final de carácter esencialemente propositivo baixo o título FACENDO FRONTE Á CONTAMINACIÓN MARIÑA PARA PRESERVAR OS RECURSOS PESQUEIROS. ALGUNHAS EXPERIENCIAS DENDE O ESTADO ESPAÑOL [18.00hrs.]. O Directivo da Confraría de Ferrol e armador de embarcación de baixura en Ferrolterra, Javier Castro, será o responsábel de coordenar as intervencións dos poñentes que trasladarán experiencias dende distintas partes do Estado. Nesta mesa contaremos co Presidente da Federación de Cofradías de Pescadores de Almería-Motril e Patrón Maior de Motril vinculado ao Proyecto Ecopuertos, Ignacio José López Cabrera; o Director da Cátedra Relec da Universidad de Cádiz e vinculado tamén ao Proyecto Ecopuertos, Enrique Montero e o avogado e secretario da Federación Provincial de Cofradías de Pescadores de Valencia e integrante da Campaña contra as prospeccións de hidrocarburos no Mediterráneo, José Ortega.

A xornada  finalizará ás 19.30hrs.

PROGRAMA COMPLETO: https://ageuropa.gal/wp-content/uploads/2016/05/dipticoA4_CONTAMINACIO%CC%81N_web-1.pdf

[2]Deguace e cotas, Impactos negativos da ampliación do Real Club Náutico de Sanxenxo, Colocar a pesca artesanal acidental fora dos TAC, Distribución das quotas de sarda pelo Estado espanhol, Verquido de residuos asfálticos na zona de Ferrol, Efluentes contaminantes na costa de Lugo, Reparto das cotas de pesca entre o cerco galego, Construcción dunha presa no río Miño, Sendas fluviais do Río Tea e Castro da Croa, Pregunta sobre la denuncia CHAP(2014)00627 (Río Tea), Ampliación da pranta de Reganosa en Ferrolterra, Recursos mineros en alta mar, Gobernanza dos océanos e enerxía, Agresión medioambiental contra el LIC del río Tea, Estacion depuradora de augas residuais no barrio de Coruxo (Vigo), Estudos da EFSA sobre biotecnoloxías mariñas, EFSA, DRA e consumo de moluscos, Marisqueo na Ría de Ferrol, Etiquetado produtos acuicultura e pesca, Prohibición da pesca de deriva con redes artesanais e tradicionais, Indefensión dos traballadores galegos en barcos noregueses.

[3] Máis información no informe “El acaparamiento mundial de océanos”, TNI (2014).

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies