AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Intercambio de opinións da Comisión de Pesca do PE co Comisario de Pesca, Karmenu Vella

19 Abril, 2016 acordos comerciais, AGEe, cerco, Comisión Europea, comité de emerxencia da Ría de Ferrol, contaminación, cotas, emerxencia social, liberalización sector lácteo, libre mercado, Lidia Senra, mariñeiros, marisqueo, Organización Mundial do Comercio, pesca, pesca artesanal, políticas públicas, soberanía alimentaria, sustentabilidade
  • Dende onte e durante todo o día de hoxe están a ter lugar as reunións de traballo da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo
  • Senra esixiu a prohibición da minaría submarina, o saneamento das rías e a aplicación de criterios socioeconómicos no reparto de cotas

 Bruxelas, 19 Abril 2016. Dende onte e durante todo o día de hoxe están a ter lugar as sesións de traballo da Comisión de Pesca. Esta mañá a orde do día incluía un intercambio de opinións co Comisario de Pesca, Karmenu Vella, ao respeito dos criterios de sostenibilidade da actividade pesqueira europea.

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, sinalou en relación ao obxectivo xeral de desenvolver un modelo pesqueiro sostíbel e traballar pola recuperación e mantemento da calidade das augas, que para poder acadar estes obxectivos “vostede, Comisario, debe velar para que as actividades relacionadas ca proposta da denominada Economía ou Crecemento Azul, que máis ben parece tratarse dun “Capitalismo Azul“, non destrúan o marisqueo, a pesca artesanal, a pesca de baixura e a acuicultura a pequena escala, que son as actividades que realmente xeran emprego e manteñen vivas as zonas costeiras”.

Senra fixo fincapé ademais na preocupante proposta da minaría submarina[1] -contemplada dentro da estratexia do Crecemento Azul que está a impulsar a Comisión Europea-, que “debe quedar totalmente prohibida, ao igual que calquera infraestrutura que conleve a contaminación das augas, cambios nas correntes mariñas ou calquera outra repercusión que poda implicar a destrución dos recursos pesqueiros, da biodiversidade ou mesmo acelerar o cambio climático”.

A continuación, recollendo a petición enunciada por Vella incidindo na importancia de que as eurodeputadas/os “axuden a manter a voz dos pescadores na Eurocámara”, a eurodeputada galega asumiu esta responsabilidade transmitíndolle que dende o País pesqueiro máis importante da UE, Galiza, “as persoas que traballan no sector están a pedir que se empregue todos os recursos ao alcance para a limpeza e rexeneración das rías e poñer dunha vez fin á contaminación”. Ademais, proseguiu, “urxe que se realice inmediatamente unha revisión fonda dos criterios de asignación e reparto de cotas garantindo que se aplican os criterios socioeconómicos, para deste xeito poñer fin á discriminación que o sector sufre na Galiza”.

Por último, a eurodeputada galega pediu ao Comisario Karmenu Vella que “garanta que non se vai hipotecar nin a pesca artesanal, nin a de baixura, nin o marisqueo nin a acuicultura a pequena escala por mor da acuicultura industrial”.

 

[1]Máis información sobre esta práctica e as súas consecuencias para o medioambiente global: http://www.academia.edu/1026523/Miner%C3%ADa_submarina_se_inicia_la_explotaci%C3%B3n_de_los_fondos_oce%C3%A1nicos; https://www.scribd.com/doc/112257316/Physical-Oceanographic-Assessment-of-the-Nautilus-Environmental-Impact-Statement-for-the-Solwara-1-Project-An-Independent-Review. Informe do Banco Mundial que supón un dos máis claros antecedentes da estratexia de esquilmamento dos recursos naturais submariños, “Os millóns afundidos” (2009): http://siteresources.worldbank.org/EXTARD/Resources/336681-1224775570533/SunkenBillionsFinal.pdf

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies