AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra: “Precisamos un debate de fondo sobre a política pesqueira europea”

21 Setembro, 2015 acordos comerciais, liberalización comercial, pesca, pesca artesanal, soberanía alimentaria

Os acordos de pesca que a Unión Europea (UE) asina con terceiros países, por moito que se disfracen de sustentabilidade e beneficio para ámbalas dúas partes, seguen sendo a tapadeira para seguir expoliando os recursos, neste caso pesqueiros, dos países cos que se contraen estes acordos.

Estes tipos de alianzas comerciais non serven para apoiar o desenvolvemento dos sectores pesqueiros de terceiros países, se non para mercar aos seus gobernos para que manteñan as cousas como están. Ao non poder desenvolver o seu propio sector pesqueiro, estes países teñen “excedentes” que nós pescamos. Mentras tanto, a pesca artesanal e de baixura na UE está sendo progresivamente desmantelada polas políticas da UE e dos nosos gobernos.

Estes acordos, para seren establecidos en igualdade de condicións, teñen que basearse na xustiza, na equidade, na sustentabilidade e, no caso de acordos vinculados á alimentación, orientarse cara a consecución da soberanía alimentaria dos pobos, para que ningún Estado ou conxunto de Estados esquilme os recursos de terceiros.

Dende Alternativa Galega de Esquerda en Europa pensamos que cómpre dar un debate social profundo sobre o verdadeiro significado destes acordos, tanto para a poboación dos países terceiros como para os propios sectores productivos europeos.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies