AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

A denuncia do perigo de privatización das praias A Iriña e A Panadeira chega á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo

16 Marzo, 2016 contaminación, crise de dereitos, emerxencia social, liberalización, Lidia Senra, loita de clases, políticas públicas, privatizacións, sustentabilidade

 DSC04648-mod

  • A eurodeputada Lídia Senra realizará dende Bruxelas un seguemento continuado á tramitación da solicitude presentada por SOS Panadeira
  • En febreiro AGEe presentou unha pregunta á Comisión Europea denunciando a contaminación provocada polo pantalán do RC Náutico

Bruxelas, 16 Marzo 2016. As praias urbanas de A Iriña e A Panadeira (Sanxenxo) están fortemente afectadas pola contaminación provocada pola ampliación do pantalán da entidade privada Real Club Náutico (RCN) -vinculada ao influínte empresario Pedro Campos Calvo Sotelo, director do equipo de vela Team Telefónica e estreitamente ligado á Casa Real-, ameazando ademais con secuestrar para o desfrute privado estas dúas praias urbanas de grande valor ecolóxico e social.

Durante a visita realizada por representantes do colectivo SOS Panadeira de Sanxenxo o pasado mes de febreiro ao Parlamento Europeo (Bruxelas) a iniciativa da eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa Lídia Senra, observamos que, aliás de presentar á Comisión Europea unha pregunta parlamentaria centrada en denunciar a contaminación provocada pola ampliación do Real Club Náutico de Sanxenxo, habida conta da multidimensionalidade desta problemática, que abarca dende o ambiental até o económico e o social, cumpría rexistrar tamén esta denuncia a través da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, “a fin de poñer en coñecemento do maior número de institucións posíbeis a actitude que o RC Náutico está manifestando contra a propia veciñanza, provocando o deterioro e impulsando a privatización dun ben público como son estas praias”, explicou hoxe dende Bruxelas a eurodeputada galega, “queremos que tanto a Comisión Europea como o Parlamento se pronuncien ao respecto”.

A día de hoxe, ademais do colectivo social SOS Panadeira, o propio Concello de Sanxenxo, o Colexio Oficial de Biólogos e mesmo a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor amosaron a súa oposición a este proxecto que, ademais, incumpre o Plan de Utilización de Espazos Portuarios de Sanxenxo e o Plan de Ordenación do Litoral de Galicia e, por se fora pouco, foi construído sen previa declaración de impacto medioambiental.

En consonancia co procedemento habitual da Comisión de Peticións, logo de terse adxudicado un número de rexistro, nestes vindeiros meses o Parlamento irá avanzando a tramitación desta denuncia. “Durante todo este proceso dende Alternativa Galega de Esquerda ocuparémonos de ir tendo información periódica para saber en que punto exacto se atopa esta petición”, sinalou Lídia Senra.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies